A CIG-Saúde denuncia que a consellaría de Sanidade vai deixar en mans dunha empresa privada a decisión das prestacións sanitarias en radioloxía, intervencionismo, medicina nuclear e radioterapia. Alerta de que a empresa privada vai poder decidir se estas se prestan na sanidade pública ou se privatizan e das consecuencias que isto pode ter para as e os doentes e para a propia calidade asistencial.
O pasado mércores 18 de setembro publicouse no BOE un “Anuncio de Licitación e Adxudicación da Comunidade Autónoma de Galiza” no que se recollía a convocatoria para a contratación de colaboración entre o sector público é o sector privado para dispor dunha solución global que cubra as necesidades de realización de probas e procedementos de diagnóstico por imaxe (radioloxía), intervencionismo, medicina nuclear e radioterapia.
A CIG-Saúde explica que este contrato implica que a partir da adxudicación a empresa privada decidirá que maquinas e aparatos de alta tecnoloxía se comprarán no SERGAS para as prestacións sanitarias das especialidades anteriormente relacionadas.
“ A empresa privada terá a capacidade absoluta para decidir se as dotacións dos medios tecnolóxicos actuais son renovados ou non ou, pola contra, se o SERGAS prescinde de comprar novas resonancias magnéticas, novos aceleradores para o tratamento co cancro, ou simplemente se estes aparatos se dan de baixa e esta actividade se contrata con un centro privado”, sinala a secretaria nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín.
Descapitalización
A CIG-Saúde denuncia que isto vai supor unha descapitalización do sistema sanitario público e unha perda de postos de traballo nun tema de máxima importancia no que o persoal Facultativo do SERGAS, é dicir, os médicos e medicas do sistema público non vai poder dar a súa opinión cualificada e profesional.
Alerta ademais de que con este contrato a empresa tamén pode decidir deixar sen o aparataxe actual aos centros comarcais, centralizando a actividade nos grandes complexos hospitalarios ou en centros privados, afastando cada día máis as prestacións sanitarias da poboación e rompendo o principio de igualdade no acceso ao sistema público.
A CIG-Saúde lembra que até o de agora o traballo que vai a facer a empresa privada facíase desde o sistema público e que os informes técnicos de compra de alta tecnoloxía facíanos as/os traballadoras/es de GALARIA. “Informes de calidade baseados na ética profesional”, matiza Abuín, quen se pregunta “por que pagar a unha empresa privada por un traballo que se pode facer directamente pola Administración”.
Este modelo está copiado do implantado no servizo de saúde das Illas Baleares. Un sistema sanitario que desde que chegou o PP perdeu prestación e calidade a pasos axigantados, segundo a CIG-Saúde, e no que ademais, como a empresa adxudicataria só sabía de maquinas, tivo que subcontratar a outra empresa para a xestión integrada dos recursos.
“Estaremos asistindo a unha situación similar como a que esta a acontecer en Madrid, na que o Conselleiro de Sanidade manifestou publicamente que privatizaban a sanidade por ser incapaces de xestionala. Cando unha persoa amosase incapaz de realizar o seu traballo só lle queda un camiño “DIMISIÓN”, afirma a secretaria nacional.
Ante isto, a CIG-SAÚDE fai un chamamento a condenar publicamente este novo atentado contra a sanidade pública e contra o recortes na asistencia sanitaria.






















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



