Lugo, 27 de setembro de 2013. O vicepresidente da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, anunciou, este venres, na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno da institución provincial, a aprobación de novos investimentos para a dinamización turística da provincia de Lugo e acusou á Xunta de Galiza de centrar os seus esforzos na promoción da costa atlántica esquecendo o interior do país.
A Vicepresidencia da Deputación rexeita a política turística do Partido Popular e acusa aos gobernos central e autonómico de estar desprendéndose de facto das súas competencias na materia obrigando a outras institucións, en concreto ás deputacións e aos concellos, a asumilas sen case recursos para facelo. “Esta a facer co turismo o mesmo que xa fixo cos servizos sociais” –precisou Antonio Veiga- quen insistiu en que é necesario “adecuar a política turística aos novos hábitos dos turistas, turismo de proximidade, menos pernoctacións e menos gasto. Por unha banda eses cambios son consecuencia da situación económica pero tamén pola falla de compromiso e implicación do Partido Popular”.
Nese contexto, a institución provincial vén de aprobar una subvención a favor do Consorcio da Ribeira Sacra por valor de 20.000 euros para sufragar os gastos correntes derivados do seu funcionamento, o cal se centra na promoción dos vinte concellos do sur lucense que conforman dito Consorcio e cuxo elemento aglutinador son os ríos Miño, Sil e Cabe, que debuxan unha paisaxe única e unha terra singular de enorme valor medioambiental ademais do seu valioso patrimonio histórico, conxunción que permite ofertar paquetes turísticos inigualábeis. Grazas a esta aportación económica da área de Cultura e Turismo, o Consorcio da Ribeira Sacra poderá seguir planificando, xestionando e fomentando o desenvolvemento turístico da zona a través de actividades e iniciativas programadas cunha visión de conxunto e de acordo as características do turismo actual e sempre baixo os estándares de calidade turística. “As representantes políticos con responsabilidades de Goberno correspóndelles dar trigo e non predicar e iso é o que nos facemos na Ribeira sacra e co Consorcio da Ribeira sacra, na contra de utilizar o consorcio como prato para sacar fotos na perspectiva de confrontar electoralmente”, afirmou Veiga referíndose aos populares.
Na mesma liña, o organismo provincial apoiará á Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo (APEHL) na promoción turística e gastronómica de toda a provincia de Lugo a través dunha subvención de 35.0000 euros coa que se busca o desenvolvemento e o benestar do sector da hostalería, do turismo e do ocio mediante a posta en marcha de iniciativas de promoción da gastronomía, como a coñecida campaña ‘…. E para comer Lugo’, e de todos os valores que presenta o conxunto da provincia como destino turístico tanto a nivel estatal como internacional. O Vicepresidente da Deputación indicou “a importancia de colaborar e definir estratexias de conxunto entre os axentes privados que operan no turismo e o sector público xa que é evidente que nun momento económico como este demostrase fundamental que o sector público tire da economía. É por isto que consideramos unha autentica traxedia para o turismo en Lugo e no conxunto do País que a reforma da administrativa do Goberno do estado impedira no seu momento a posta en marcha da Empresa Pública Provincial de Turismo como órgano de coordinación e definición de políticas neste campo”.
Antonio Veiga insistiu na importancia de “contar cunha iniciativa no sector servizos que sexa proclive a dotar a hostalería de calidade, aproveitando e potenciando non só os seus recursos gastronómicos senón tamén os recursos patrimoniais, culturais e etnográficos da provincia. A Asociación Provincial de Empresario de Hostalería e Turismo e o Consorcio da Ribeira Sacra traballa nesa dirección e por iso contan co apoio da Vicepresidencia da Deputación; entendemos que debemos seguir perfeccionando iniciativa conxuntas e integrais nas que todas as institucións públicas colaboren na medida do posíbel como impulsores do sector turístico”.






















O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



