Foz, 27 de setembro de 2013. A Corporación Municipal de Foz acordou no pleno celebrado este xoves expoñer ao público durante dous meses o novo Plan Xeral de Ordenación Municipal. O alcalde, Javier Jorge Castiñeira, subliñou a responsabilidade coa que actuaron todos os grupos políticos neste asunto e tamén destacou que foi aprobada a conta xeral do ano 2012, que contempla un aforro neto de 463.600 euros.
O rexedor fixo unha valoración moi positiva do pleno de onte: “había varios asuntos importantes que se sacaron adiante. E neste caso quero felicitar á Corporación que actuou con responsabilidade en cuestións tan importantes como é o PXOM. A súa exposición pública durante dous meses aprobouse por maioría absoluta na sesión plenaria de Foz. Unha vez que saia publicado no DOG os veciños poderán mirar en que situación quedan as súas fincas e no caso de que non estean de acordo coa disposición que pon o Plan Xeral poderán alegar”. Javier Castiñeira explicou que “tamén van recibir as alegacións que estaban sen contestar por parte do anterior goberno dende o ano 2007. Comeza unha nova conta atrás para o PXOM, un novo documento adaptado que o equipo redactor entregou estes últimos meses no Concello de Foz. Trátase dunha moi boa nova”.
Conta xeral de 2012
Na sesión plenaria aprobouse a conta xeral de 2012, “que é moi positiva para o Concello. Son uns resultados positivos de 528.911 euros, que unha vez axustado queda en 447.992, o que supón un aforro neto de 463.600 euros, cubrindo a tendencia negativa que tiña o anterior goberno municipal. Neste sentido, igual que o ano pasado, o equipo de goberno actúa con responsabilidade parar que as contas municipais se saneen”. O rexedor dixo que “estes resultados reportan que no ano 2012 volvamos sumar un remanente de tesourería, que queda en 132.000 euros, indo tamén en contra dunha tendencia que traía o anterior goberno de desgaste dese remanente que no ano 2007 chegou a ter 6 millóns de euros e que quedou no 2011 só con 30.000 euros. Agora retomamos esa tendencia en positiva, que ven referendar a boa xestión económica que está a facer este equipo de goberno”.
Castro de Lelle
Javier Castiñeira quixo agradecer “o apoio dos grupos maioritarios, Unifoz e PSOE, á moción presentada polo PP de Foz para que Deputación e Xunta acheguen a mesma cantidade que aportará o Ministerio de Cultura, que son 40.000 euros, para financiar a compra dos terreos e a posta en valor do castro de Lelle. A Deputación non quixo recibir ao alcalde nin ten interese en axudar, de feito o BNG votou en contra desta proposta; iso quere dicir bastante, que a Deputación de Lugo a instancias do BNG de Foz está a actuar de forma neglixente e sectaria”. E engadiu: “pedímoslle á Deputación desde PP, PSOE e Unifoz que faga ese esforzo na mesma medida que o Ministerio de Cultura e solicitámoslle á Xunta que despois poña en valor ese castro, unha vez que sexan municipais eses terreos. A pena é que quedase o voceiro do BNG defendendo intereses partidistas”.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



