A Xunta de Goberno aprobou o convenio de colaboración con Tragsa para a execución das derradeiras obras do 1º centro público en España de recría de gando vacún. Dita entidade pública, pertencente ó Ministerio de Medio Ambiente, será a encarga de realizar estes traballos, cuxa posta en marcha terá lugar este mesmo mes. Contan cun presuposto de 5,3 millóns de euros, financiados na súa totalidade pola Deputación. O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, remarcou que “no 2015 teremos listas na granxa Gayoso Castro, no Concello de Castro de Rei, unhas instalacións en impulso dos 16.400 produtores de leite de Galicia, xa que lles permitirán aforrar cartos e incrementar os seus ingresos”.
O centro público do organismo provincial duplicará a capacidade de recría existente na Comunidade galega, con 3.000 novas prazas. Os gandeiros non terán que levar fóra as súas novillas, reducindo os 1.500 euros que gastan pola recría dun só exemplar. As reses, que saíran preñadas de exemplares de calidade, acadarán un alto nivel xenético e produtivo. Isto suporá que os gandeiros incrementen a súa cota láctea, así como o prezo no mercado dos seus exemplares, que non será inferior ós 2.000 euros. “En definitiva, os gandeiros aumentarán os seus beneficios”, salientou o voceiro.
Logo rematar coa construción das 13 naves de recría, que ocupan 25.000 metros cadrados, e dos 12 silos para forraxe, con capacidade para 10.000 metros cúbicos; os traballos que a institución comezará de xeito inmediato consisten na construción de 16 silos do penso e pesebres exteriores; dotación de 374 casetas para a corentena e o período de transición das novillas; urbanización e saneamento; equipamento interior das naves de recría (cubículos, bebedeiros, arrobadeiras, básculas, mangada e manexo, valos metálicos, boxes tenreiros individuais e colectivos, e cornadizas); e instalación dun sistema de depuración de residuos pioneiro en Galicia, capaz de xestionar o 100% dos residuos e transformalos en enerxía.
Martínez destacou que a Deputación financia ó 100% este proxecto, achegando case 12 millóns de euros (5,3 millóns na última fase e 6 millóns na primeira fase), e apuntou que “asumimos en solitario esta iniciativa logo de que a Xunta, administración coas competencias directas no medio rural en Galicia, rexeitase colaborar e ata visitar as obras”.
Outros acordos
O aforro de gastos correntes da institución supera os 4 millóns de euros. A Xunta de Goberno aprobou reducir estes custes noutros 33.000 euros coa adxudicación dos subministros e material de oficina necesario para o funcionamento da administración por valor de 35.000 euros, un 50% menos que o ano pasado. Martínez indicou que “isto é posible grazas ás medidas de racionalización destes gastos que puxemos en marcha, así como á implantación das novas tecnoloxías co Innova-TE”.
“A Deputación garante que a Ulloa conte co primeiro complexo multideportivo con piscina climatizada da Comarca”, apuntou Martínez. A sesión aprobou o proxecto das obras pendentes por executar, logo de que a anterior contratista se declarase en concurso de acredores, cun orzamento de 400.000 euros.
Presupostos Xerais do Estado
O voceiro socialista lamentou o “escaso” investimento que o Executivo de España achega á provincia nos Presupostos Xerais do Estado para 2014, e amosou a súa “decepción, cando o Presidente de España é galego, Mariano Rajoy, ou o portavoz no Senado do partido que goberna é de Lugo, José Manuel Barreiro”. Martínez destacou que mentres entre os anos 2008-2011, “cun goberno socialista”, o promedio anual do investimento en Lugo foi de 258 millóns de euros, entre 2012-2014, esta media redúcese ata 158 millóns de euros. “É dicir, a dereita do Partido Popular recortou o investimento do Goberno Central en Lugo en 100 millóns de euros ó ano”.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



