CADERNOS DA VIAXE. A peme galega afoga por por falla de crédito. A banca española inviste os cartos baratos que obtén do Banco Central Europeo na ben pagada débeda pública e, suxeita á cobertura do 9% entre recursos propios e alleos, non presta. Mais. existe unha grande demanda de circulante baseada en efectos de clientes solventes que a Banca non desconta, condenando á empresa galega a caer nas mans dos usureiros do desconto comercial, cando non á morte. No oligopolio bancario, a limitada capacidade crediticia ao sector privado derívase cara á grande empresa española, a dos sectores regulados e do “capitalismo castizo do BOE”, que pagan uns tipos de xuro do 2,5-3,5 % fronte ao 8 -10% que pagan as nosas cando conseguen crédito.
Velaí a necesidade de que Nova Galicia desenvolva banca minorista a pemes e familias no País (límites funcionais e territoriais impostos pola UE) , para reducir os negativos efectos do oligopolio bancario e da exclusión financeira. Banca minorista que só será posíbel se non cae nas redes dun banco español. Mais esta subsistencia de Nova Galicia habería ir acompañada da creación dun potente instrumento bancario público, quizais dirixido só ás empresas, para que a a Xunta de Galicia puidese vehiculizar unha política de crecemento, desenvolvendo as funcións de soporte do tecido industrial que facían as Caixas e o antigo IGAPE, malia que con mellor criterio estratéxico.
Este fracaso da reforma financeira (a seca crediticia) únese á desindustrialización xeralizada e perda de posicións nos sectores de futuro, ao altísimo e estábel desemprego, á desmontaxe do Estado do Benestar e aos peores níveis de déficit e débeda públicos. Xa que logo, esta catástrofe tiroulle todo o creto ao Goberno do Estado.
Na Galicia, a maiores, sofrimos un saqueo consentido, cando non planificado, por parte deste Goberno central: quita nas preferentes, machado fiscal ás pensións do extranxeiro, redución real das nosas pensións mínimas, tarifa eléctrica que penaliza o noso esforzo produtor de enerxía, bloqueo dos nosos sectores estratéxicos (mar-industria, naval, enerxías renovábeis, agrogandeiro) e falseamento sistemático dos dados de investimento público estatal. España non é para Galicia, arestora, un bó negocio.
Xoán Antón Pérez-Lema


















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



