Lourenzá, 8 de outubro de 2013. O BNG de Lourenzá rexistrou unha moción na que insta ao pleno da corporación a esixir á Xunta de Galiza a incorporación inmediata dunha partida orzamentaria para o vindeiro ano 2014 para asegurar a prestación do servizo de Axuda no Fogar en tódolos concellos de menos de 20.000 habitantes.
Para o BNG laurentino esta é unha oportunidade única para que o goberno municipal de Lourenzá deixe de comulgar con rodas de muíño co que ordenan dende Santiago e comecen a pensar un pouco máis nos intereses e dereitos dos seus veciños. Os Nacionalistas laurentinos desexan recordar que o mesmo PP de Lourenzá xa presentou unha moción en maio de 2012, reclamando máis financiamento para o SAF á Deputación de Lugo apoiándose no decreto 99/2012 do 16 de marzo de 2012, pero o que o PP local non quixo daquela atender foi que este decreto, claramente no seu artigo nº 31 páxinas 27-28 aclara as competencias das Deputacións provinciais en estes casos, deixando ben claro que o incremento da participación das Deputacións no financiamento dos servizos sociais básicos municipais será acompañado da súa correspondente transferencia de fondos dende a administración autonómica ás Deputacións para tal fin.
Todo isto non fai máis que por de manifesto unha vez máis o nivel moral do PP laurentino que aproveita calquera oportunidade para desacreditar aos demais, con enganos e medias verdades, aínda que o que estea en xogo sexa o benestar dos veciños, sempre coa única finalidade de obter réditos políticos.
Para os nacionalistas laurentinos o citado decreto manifesta claramente que a Xunta de Galiza debe de garantir a prestación deste tipo de servizos aos concellos, cousa que non fixo, reducindo o seu orzamento a nada dende o 2010 ao 2012, feito que tivo un importante impacto en Lourenzá, pasándose de máis de 29.000€ para o financiamento do SAF por parte da Xunta no ano 2010 a menos de 5.000€ no ano 2011 ate os 0€ do ano 2012 ou deste mesmo, o cal entre outras cousas implicou unha suba indiscriminada da taxa de copago.















Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



