Burela, 9 de outubro de 2013. O alcalde, José Mª González Barcia, cualifica de positivas as xuntanzas mantidas na tarde deste martes cos colectivos deportivos, sociais e culturais da localidade. No encontro, segundo conta o rexedor “explicámoslles o procedemento de concesión de subvencións a estas asociacións, que son nominativas, e tamén o proceso de xustificación que deberán realizar”.
González Barcia anunciou que “o Concello porá a disposición destes colectivos a unha persoa para que os oriente no proceso de elaboración desas xustificacións. Deste xeito queremos facilitarlles un pouco o traballo”.
O alcalde dixo que “as xuntanzas foron moi positivas e a inmensa maioría dos asistentes considera moi importante a concesión destas subvencións a asociacións deportivas, culturais e sociais que en total ascenden a 25.000 euros. Como xa dixemos hai unhas semanas, están excluídos o Burela FS e a ACIA local, porque con eles xa temos asinados outros acordos de colaboración”. Son 21 os colectivos existentes en Burela: “moitos deles recibirán partidas económicas, aínda que tamén hai outras asociacións que non perciben estas axudas porque o Concello lles está a mercar algún material que precisan ou están a utilizar locais municipais, etc”.
O rexedor sinalou que “este asunto, a concesión de subvencións, irá ao pleno de mañá xoves. A normativa estará exposta ao público durante 15 días para que se poidan presentar alegacións”. José Mª González Barcia agarda que “estas axudas se poidan pagar a finais deste ano ou en xaneiro de 2014” e subliñou que “estamos a falar de partidas que van con cargo aos presupostos deste 2013. Son cantidades deste ano, para o que ven xa veremos qué podemos facer”.




















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



