Lugo, 17 de outubro de 2013. A Consellería de Economía e Industria ven de publicar no DOG a concesión de preto de 400.000 euros – en concreto 391.721 euros- a agrupacións de comerciantes da provincia de Lugo para a organización de accións de dinamización da demanda.
Así o explicou hoxe a delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, quen destacou o esforzo que realiza a Xunta para apoiar ao comercio local, que é “o que máis preto está dos cidadáns, colabora no pulso da vila e na súa sostibilidade, vive integrado na cidade e polo tanto aféctalle o que nela ocurra”.
Arias asegurou que a Xunta traballa en coordinación cos propios comerciantes porque “son os que mellor coñecen o sector, así que os escoita nas mesas locais de comercio e adapta as liñas de axudas ás súas necesidades”.
Así, a Consellería de Economía aprobou axudas por importe de 170.767 euros para a revitalización e dinamización dos centros comerciais abertos de Chantada, Sarria, Monforte de Lemos, Viveiro e Ribadeo, así como da praza de abastos desta última localidade.
En particular, o Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro recibe 33.000 euros para campañas e programas de difusión en apoio dos establecementos da vila. A mesma contía recibe a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Ribadeo, tamén para actuacións de promoción do centro comercial aberto, mentres que a Asociación de Profesionais Vendedores da Praza de Abastos ribadense disporá para este fin de 9.800 euros outorgados pola consellería.
Igualmente, a Xunta oncedeu unha subvención de 109.000 euros á Federación de Asociacións de Comercio da Confederación de Empresarios de Lugo e outra de 112.000 euros á Federación Galega de Comercio, con sede en Lugo, para o desenvolvemento de iniciativas que reactiven o consumo no comercio local.
Neste sentido, Raquel Arias aplaudiu o labor que desenvolven tanto a Federación Galega de Comercio como as distintas agrupacións municipais e supramunicipais, “constantemente preocupados por subir o listón, por mellorar a calidade, atención e o servizo que prestan aos consumidores”.






















O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



