Ata finais do presente mes de outubro poderase ver no bar Porriño, en Mondoñedo, a exposición Represaliados do artista barreirense Celso Dourado. A mostra foi inaugurada onte á noite polo autor, que estivo acampañado por Mini e Mero. Eles recitaron o romance na honra do Comandante Moreno, á que está dedicada esta exposición. Segundo relataba hai uns días Celso Dourado: “Moreno foi un anarquista, un comandante da columna do batallón Galicia que foi apresado, torturado e asasinado na Fonsagrada. A xente do lugar compúxolle un romance que se mantivo sempre na mente dos veciños, pero que ninguén se atreveu a escribir”. Co tempo Mini e Mero foron quen de poñerlle música e ese romance escoitouse onte pola noite no bar Porriño en Mondoñedo.
























Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



