A Casa da Cultura de Foz vai acoller o vindeiro Domingo 20 de Outubro a partir das 19:00 horas unha sesión de conta contos a cargo da actriz Isabel Risco, que presentará en Foz o seu novo espectáculo “Rir, por non chorar”, que pretende ser unha reflexión en clave irónica sobre o momento actual. A Asociación Cultural A Pomba do Arco, organizadora do evento, con esta actuación inicia o seu Outono Cultural que vai encher de actos o último cuadrimestre do ano.
“Aínda que tódalas actuacións que imos desenrolar neste cuadrimestre vaian baixo o epígrafe de Outono Cultural, na Pomba do Arco somos conscientes de que a nosa cultura, a galega, aínda lle quedan, tal e como dicía o inmortal Cunqueiro, mil primaveras máis. Resulta moi preocupante ver coma nos tempos que corren, nos que se recorta cada vez máis en cultura, teñan que ser as asociacións culturais as que tomen como súa a labor de promover, fomentar e publicitar a nosa cultura”, afirmaba o presidente da Asociación, Xoán Ramón Fernández Pacios.
Segundo indicou o presidente da Asociación, “Isabel Martínez-Risco Valdivieso (A Coruña 1975) é graduada en Tedagoxía Teatral e comezou no teatro universitario en 1997. Exerceu de presentadora de galas, de conta contos e colaborou en moitos programas de radio. Porén é como actriz televisiva como máis é coñecida, xa que durante a década de 2000 a 2010, ademais da súa actividade teatral ininterrompida, desenvolveu unha intensa presenza na TVG. En 2004 debutou concursando en O rei da comedia e colaborou en Máxima audiencia. Zapping Commando deulle o seu primeiro papel protagonista, e a partir del a súa vertente cómica abriulle as portas doutros diversos títulos da TVG, e así a puidemos ver de cote no equipo creativo Zopilote, colaborando no show dos Tonechos, ou en programas como Air Galicia ou Land Rover, , así como en series tan diversas como Padre Casares ou Ata á cociña.
En 2009 colaborou humoristicamente con Víctor Fábregas como A estraña parella no programa Luar. Tamén actuou para curtametraxes, como a italiana Retorno a San Andrés (2006). Actualmente prepara una serie para a canle autonómica.
O Presidente da Pomba do Arco indicou que “ dado que na Casa da Cultura de Foz o aforo é limitado a entrada no recinto farase por rigoroso torno de chegada, abríndose a taquilla 40 minutos antes do inicio do espectáculo, que ten unha duración de máis dunha hora e que terá un custo reducido de 1 € para os socios do colectivo organizador e 2 € para o público en xeral. Estamos a falar duns prezos populares que en ningún caso van ser unha barreira para que ninguén non se poida achegar ao espectáculo”.
A Pomba do Arco pretende con esta primeira actuación do Outono Cultural posibilitar que Foz conte cunha programación cultural de primeiro nivel, na crenza de que un pobo máis culto é un pobo máis crítico e polo tanto máis libre.























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



