Burela, 19 de outubro de 2013. O alcalde, José Mª González Barcia, e a concelleira de Mar, Patricia López Eijo, supervisaron as labores de mantemento que estes días se lle están a realizar ao barco museo Reina del Carmen.
Segundo explica López Eijo: “actualmente estanse facendo labores de mantemento na cuberta e na ponte, estase procedendo a realizar pequenas reparacións e tamén traballos de pintado”.
A concelleira de Mar sinalou que “nos vindeiros días iniciaranse os traballos estruturais para mellorar a accesibilidade e a seguridade do barco e posteriormente o Reina del Carmen subirase ao varadero para proceder tamén ao pintado do casco”.
López Eijo lembrou que “desde que nós chegamos ao Concello de Burela o barco museo Reina del Carmen é obxecto de diferentes tarefas de mantemento cando remata o verán, algo que non acontecía co bipartito”.
Tamén acudiron a supervisar os traballos no Reina del Carmen os concelleiros de Obras e Deportes, Manuel Fernández Valle e Beatriz Piñeiro. O barco museo é un dos principais reclamos turísticos de Burela. Cada vez son máis as persoas que se achegan a visitar este antigo pesqueiro.
























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



