Santiago, 19 outubro de 2013.- Os orzamentos da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para o exercicio do vindeiro ano suporán 165 euros por cada lucense, o que supón a segunda provincia con máis investimento per cápita en materia de infraestruturas. O departamento que dirixe Agustín Hernández mantén o volume de investimento nesta provincia para o ano 2014, ao destinar un orzamento de case 58 millóns de euros.
Das partidas para o 2014 destacan as reservadas ás infraestruturas viarias, urbanas e hidráulicas que suman un total de 49,4 M€, o que implica un 85% do investimento global.
No apartado estradas, as contas permitirán en liñas xerais manter a política de conservación e mellora de seguridade viaria na rede da provincia de Lugo, que suma 1.500 quilómetros, e avanzar no desenvolvemento das obras xa en marcha, así como iniciar unha actuación fortemente demandada, como é o caso do acceso ao Porto de Burela.
Deste xeito, o capítulo das infraestruturas viarias é o grupo que aglutina a maior partida orzamentaria con case 30 millóns de euros, dos cales 16,27 M€ son para a conservación e mellora da seguridade. Os investimentos de 2014 tamén permitirán á Axencia Galega de Infraestruturas multiplicar por seis o orzamento previsto para o Plan Paradai, que pasa dos 0,38 M€ en 2013, aos 2,8 en 2014. Outro dos viais que tamén verá incrementada a súa partida orzamentaria é a Vía de Altas Prestacións Sarria- Monforte, á que se consignan 8 millóns de euros, 2,6 millóns máis que no ano pasado.
En canto ás novas actuacións, destaca o acceso ao Porto de Burela con máis de 800.000 euros para a licitación das obras en 2014, tal e como se comprometera o conselleiro de Medio Ambiente.
Á conexión do Porto Seco de Monforte destínase 3,5 M€ das contas da Dirección Xeral de Mobilidade. Este departamento mantén un ano máis a aposta por mellorar a mobilidade dos lucenses, co apoio ao Plan de Transporte Metropolitano da área de Lugo, ao que en 2014 se achegarán 110.000 euros.
|
AXENCIA GALEGA DE INFRAESTRUTURAS |
2014 |
|
|
|
29,94 M€ |
|
|
|
|
|
|
ACTUACIÓNS MÁIS DESTACADAS |
|
|
| Conservación de estradas |
11,78 M€ |
|
| VAP Sarria – Monforte |
7,97 M€ |
|
| Mellora da seguridade viaria |
4,49 M€ |
|
| VAP da Costa NortePROVINCIAS DA CORUÑA E LUGO |
1,00 M€ |
|
| Plan Paradai |
2,80 M€ |
|
| Desenvolvemento Plan Sectorial Aparcamentos Disuasorios |
0,38 M€ |
|
| Acceso ao Porto de Burela |
0,86 M€ |
|
O seguinte capítulo con maior investimento é o de infraestruturas hidráulicas, que se eleva a 10,87 M€ para o exercicio de 2014. Destacan as melloras na Mariña lucense, coa consignación de máis de 6,8 M€ para o abastecemento de San Cosme e San Pedro de Reinante e os 800.000 euros para a estación depuradora de augas residuais de Ribadeo.
Augas de Galicia levará a cabo outras actuacións relevantes como o saneamento de Pantón ou a adecuación do cauce e ordenación das marxes dos ríos Sarria e Celeiro.
|
AUGAS DE GALICIA |
2014 |
||
|
|
10,87 M€ |
||
|
|
|
||
|
ACTUACIÓNS MÁIS DESTACADAS |
|
||
| Abastecemento San Cosme e San Pedro de Reinante. Barreiros.Convenio CH Miño Sil – Concello Sarria – Augas de Galicia |
6,07 M€ |
||
| Renovación condución xeral dende depósito de San Simón a Vilalba |
1,08 M€ |
||
| Explotación da EDAR de Ribadeo |
0,82 M€ |
||
| Adecuación cauce e ordenación das marxes dos ríos Sarria e Celerio. Sarria. |
0,68 M€ |
||
| Saneamento en Pantón |
0,33 M€ |
||
Eido medio ambiental
En relación cos investimentos destinados á mellora e conservación do medio ambiente, o departamento que dirixe Hernández mobilizará máis de 1,5 M€ para o desenvolvemento de melloras de avaliación ambiental, como os puntos limpos, e de conservación da natureza.
De feito, neste último apartado destaca o investimento que se reserva as zonas de Rede Natura existentes na provincia, ás que se dedican case 70.000 para as axudas a concellos inscritos dentro desta demarcación e para a creación e dotación do Centro de Interpretación do Courel.
























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



