Lugo, 21 de outubro de 2013. A Consellería de Sanidade inicia este luns a Campaña de Vacinación fronte a gripe e o pneumococo 2013. Dita campaña finalizará o 20 de decembro. A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, presentou este luns a campaña, acompañada pola xefa territorial de Sanidade, Purificación Rivas, e destacou que a provincia de Lugo conta cun total de 157 puntos de vacinación, aos que os lucenses poden acudir para recibir as correspondentes vacinas.
A Consellería de Sanidade prevé superar este ano a taxa de vacinación fronte á gripe acadada na campaña do ano pasado e chegar a unha cobertura do 65% ou máis da poboación diana. Tradicionalmente, a provincia de Lugo, xunto coa de Ourense, son as que rexistran unha maior participación nestas campañas, que teñen por obxectivo diminuír o número das complicacións derivadas da gripe e a súa gravidade, así como diminuír a morbi-mortalidade das enfermidades causadas polo streptococo pneumoniae.
A campaña de vacinación fronte a gripe e o pneumococo 2013, que durará máis de oito semanas, está destinada a todas as persoas de 60 ou máis anos e as pertencentes aos grupos de risco. Inclúense nos grupos de risco da antigripal as persoas con enfermidades crónicas cardiovasculares ou respiratorias; persoas institucionalizadas con procesos crónicos; as persoas con enfermidades metabólicas crónicas ou inmunodeficiencias; os nenos e adolescentes -de seis meses ata 18 anos- con tratamentos prolongados de aspirina; as persoas con obesidade mórbida; e as mulleres embarazadas durante a temporada de gripe.
Inclúense tamén na poboación diana os grupos con posibilidade de transmitir a gripe a outras persoas de alto risco, como os traballadores de centros sanitarios e sociais, e tamén as que desenvolven traballos esenciais para a comunidade, como policías e bombeiros; as que pola súa ocupación poden estar en contacto con aves; e os viaxeiros internacionais.
Organización da campaña
Utilizaránse dúas vacinas, unha para a poboación xeral, intramuscular, e outra indicada para a poboación maior de 75 anos, ou que viven en residencias, intradérmica, que induce unha mellor resposta defensiva. Ambas son moi seguras e as reaccións que poden producir adoitan ser moi lixeiras e pasaxeiras. Galicia conta con máis de 900 puntos totais de vacinación, 157 deles na provincia de Lugo, entre os que se atopan centros de saúde e consultorios; centros hospitalarios públicos; os hospitais, centros médicos e consultas médicas privados; residencias e centros para a terceira idade de titularidade pública ou privada; unidades asistenciais de drogodependencias; centros penitenciarios; e centros de atención a discapacitados.
Os interesados en vacinarse deben poñerse en contacto co seu centro de vacinación onde lle informarán de cómo e onde solicitar a cita. As persoas con 60 ou máis anos, así como aquelas que sufran enfermidades crónicas, deben acudir ao seu médico de cabeceira ou centro de saúde onde serán informados das vacinas que deben recibir.
Sanidade lembra á cidadanía que a vacinación durará máis de oito semanas e hai tempo suficiente para facela progresivamente. Por isto, dende a Consellería de Sanidade solicítase á poboación que, para evitar a sobrecarga do sistema asistencial, non se acuda masivamente os primeiros días da campaña.
Campaña anterior
O ano pasado en toda Galicia administráronse un total de 322.777 doses de vacinas antigripais, acadando unha cobertura entre a poboación maior de 65 anos do 50,8%, que este ano se prevé incrementar. No caso da provincia de Lugo, a taxa de vacinación antigripal en persoas de 65 anos ou máis foi case catro puntos superior, chegando a unha cobertura do 54,18%.
En total, na campaña do ano pasado vacináronse nesta provincia máis de 53.000 persoas de 65 anos ou máis (53.135 persoas). Contando a vacinación entre persoas de máis de 60 anos e outros grupos de risco, o número de persoas vacinadas o ano pasado na provincia de Lugo fronte á gripe foi de preto de 70.000 persoas (69.620 persoas).

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



