Riotorto, 21 de outubro de 2013. O vicepresidente da Deputación de Lugo e responsábel das áreas de Benestar Social e Deporte, o nacionalista Antonio Veiga, visitou, este luns, xunto co alcalde de Riotorto, o nacionalista Federico Gutiérrez Estoa, o centro veciñal da parroquia de Espasande de Abaixo, onde se reuniu con máis dunha ducia de veciños que participan nas actividades da Rede de Dinamización Rural. Durante o encontro explicou que “este é un dos catro centros da localidade que se verán beneficiados polo proxecto de dinamización de centros veciñais para o que desde a área de Benestar Social da Deputación de Lugo aportamos 180.000 euros”.
Segundo explicou Antonio Veiga, “o concello de Riotorto caracterízase pola perda demográfica desde principios do século pasado, debido ao crecemento vexetativo de signo negativo e a emigración. Ademais, hai que sinalar que a súa poboación está moi dispersa, e posúe unha da taxa bruta de nacementos inferior á media de Galiza, polo que son necesarias actuacións deste tipo, que dan un pulo á dinamización da poboación, representada, na súa maioría, polo colectivo das persoas maiores”.
O proxecto de dinamización dos centros veciñais de Riotorto contempla unha variada oferta de actividades coas que se pretende contribuír á mellora da calidade de vida e do benestar social da veciñanza, como visitas didáctico-saudábeis a diferentes puntos da xeografía galega para intensificar as relacións interxeracionais, un obradoiro de recuperación da memoria, recuperación de xogos populares e tradicionais que fagan conscientes aos participantes das súas capacidades e destrezas, prácticas deportivas saudábeis, así como cursos lúdico formativos relacionados coas novas tecnoloxías, alimentación e agricultura saudábel, ou benestar e saúde, e un programa específico de avellentamento activo.
Ademais, e grazas a esta colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, procederase ao acondicionamento dos centros veciñais das distintas parroquias do municipio nos que está previsto desenvolver as mencionadas actividades. Entre eles atópase o da parroquia da Órrea, que precisa melloras de accesibilidade, habitabilidade e funcionalidade; o local de Vilaseca, que necesita incrementar os niveis de iluminación natural; e os de Espasande de Arriba e Espasande de Abaixo que necesitan reformar a súa distribución actual para un maior aproveitamento do seu espazo.
“Un dos principais obxectivos que nos marcamos desde a Vicepresidencia da Deputación de Lugo é fomentar a igualdade de oportunidades no acceso ao benestar social e a participación social, do que é boa proba este proxecto que favorecerá espazos para o encontro entre os veciños dos diferentes puntos do concello, contribuíndo á mellora da calidade de vida e do benestar da veciñanza”, concluíu o vicepresidente provincial.
Pola súa banda, o rexedor municipal destacou que “este proxecto enmárcase na aposta polo equilibrio territorial e por tratar de eliminar a fenda existente entre o medio rural e o urbano e universalizar o acceso ao servizos públicos; unha aposta que só se pode explicar desde unha perspectiva ideolóxica nacionalista que implica traballar polas maiorías sociais tendo en conta a pirámide poboacional do país e o avellentamento da poboación e garantir o carácter universal dos servizos sociais nun contexto marcado polos recortes”.
Estoa recalcou que “a Rede de Dinamización Rural segue a ser un proxecto en construción que forma parte do dobre obxectivo do Concello de Riotorto de articular unha rede de Benestar que supere a concepción asistencia e ao mesmo tempo que serve de piar para articular o poder popular, isto é, unha democracia merecente de tal nome cun marco político como o existente. Neste sentido, sentímonos satisfeitos de que fosemos quen de pór en marcha uns espazos que permitan que os veciños poidan reunirse entre eles e poidan ter máis compaña que a televisión ou a radio”.























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



