Foz, 22 de outubro de 2013. A Asociación Cultural Pomba do Arco organiza para este venres a presentación do último libro de Teresa Moure Pereiro, “Eu violei o lobo feroz”, que constitúe o seu primeiro libro de poemas e no que unha singular Carapuchiña Vermella reconstrúe e constrúe a súa historia e identidade a través de confesións cando é detida por terrorismo ecolóxico. A presentación terá lugar na Casa da Cultura Poeta Manuel María de Foz ás 20:30 horas deste venres 25 de outubro.
O libro “Eu violei ao lobo feroz” está editado por Através Editora e atópase nestes momentos nos primeiros postos en vendas no apartado de poesía das principais librarías galegas. Trátase dun poemario subversivo que divaga nas fronteiras dos formalismos da academia; máis alén dos límites impostos polos canons establecidos pra a prosa e o verso. Unha serie de secuencias intensas e ácidas; mestizas e insubmisas; políticas e de resistencias e todo tratado cun ton rozando o erótico.
A chegada a lírica da de Monforte non é algo que debe de estrañarnos, posto que estamos diante do único xénero que non tiña explorado en publico a nosa autora, unha autora que sen caer no formalismo tanto nos seus romances, mais tamén na sía obra dramática xa ten demostrado unha coidada utilización da linguaxe e unha vontade de estilo que sen significar concesións amosa unha tecnica propia e un estilo inconfundíbel que se achega aos diversos xéneros sen saber do que estamos falando ou dandolle voz a todos ao mesmo tempo.
O poemario de Teresa Moure, a pesar da opción normativa da autora, da vocación subversiva que implicaba unha aposta arriscada para apartala do “grande público”, do propio conteudo, un conteudo que impugna en toda a súa radicalidade na forma e no fundo os convencionalismos, as imposturas, a falsidade e as miserias dunha sociedade como a nosa, xa é de por si un fito nas nosas letras, na medida que implica situar no barómetro do éxito de vendas un traballo que se antollaba tan difícil e que porén esta a ser recibida deste xeito polo público a pesar do silencio, un silencio calculado, da crítica.
Teresa Moure
Teresa Moure Pereiro, nada en Monforte de Lemos o 21 de setembro de 1969, é unha escritora galega. É doutora en Lingüística xeral e exerce a docencia nas Facultades de Filosofía e Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Gañou o Premio Lueiro Rei de novela curta en 2004 e o Premio Arcebispo San Clemente pola novela “A xeira dás árbores” (Sotelo Branco, 2004), ademais do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio en 2004 por “Outro idioma é posible” (Galaxia, 2005), o Premio Xerais de novela, o Premio Aelg e o Premio da Crítica de narrativa galega por “Herba Moura” e o Premio Rafael Dieste de teatro en 2007 pola súa obra “Unha primavera para Aldara”. Non debemos esquecer tampouco a súa aportación no campo de ensaio con obras de referencia como “O natural é político” ou “Quer remos un mundo novo” que significaron a concesión do premio Ramón Piñeiro de ensaio de Galaxia, o máis importante de Galiza neste xénero, en repetidas ocasións. A autora que nos acompañará o vindeiro venres en Foz, a pesar da súa idade é xa autora dunha ampla obra, boa parte da cal foi traducida a outros idiomas como Español, o Francés, ou o Italiano. Asemade estamos diante da autora galega viva máis galardoada, tanto no ámbito da nosa literatura como en foros internacionais, sendo quen de atesourar tamén os premios de referencia do noso sistema literario como o “Rafael Dieste”, o “Ramón Piñeiro” ou o “Xerais”.























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



