Un ano máis o Concello de Xove, a través da Concellería de Servizos Sociais, organiza unha nova edición da FESTA DA TERCEIRA IDADE, dirixida ás persoas maiores de 60 anos xubiladas do noso Concello e que se vai desenvolver este venres 25 de outubro.
A Festa dará comezo ás 12:30 horas cunha Misa Solemne no Salón de Actos do Centro Cívico, contándose coa participación dun grupo de corda da Escola Municipal de Música de Xove; posteriormente, a partires das 14:00 horas, haberá un xantar no Restaurante Louzao de Area, rematando a xornada festiva cun baile.
Durante o xantar o Alcalde Demetrio Salgueiro e a Concelleira Ana Abad farán entrega dun agasallo ao home e muller de máis idade participante na festa, que teñen 95 e 90 anos respectivamente. En total van participar un total de 423 comensais, que estarán acompañados por membros da Corporación Local.
Nesta festa tamén colabora Alcoa, quen lle dará un agasallo aos de máis idade entre os participantes.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



