GaliPat Servizos Culturais desprazouse ao CEIP Lois Tobío de Viveiro para realizar dous obradoiros didácticos sobre mundo romano. Ditos obradoiros completan así un programa que comezou cunha serie de visitas guiadas á cidade de Lugo.
Os obradoiros que os rapaces pudieron disfrutar foron os de escritura romana, no que se constrúe unha pequena taboíña de cera, e o de mosaicos, no que cada rapaz puido experimentar de primeira man como se facía un mosaico na época dos romanos.
GaliPat posibilita deste xeito acceder ao Lucus Augusti romano cun programa didáctico orientado a tódolos ciclos escolares e formativos. Unha nova forma de aprender e experimentar o Patrimonio Cultural galego.