Lugo, 12 de novembro de 2013. O delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro, e o presidente da Asociación Provincial de Empresarios da Hostalería de Lugo (APEHL), Cheché Real, veñen de asinar un convenio de colaboración entre a institución provincial e o colectivo de hostaleiros por valor de 35.000 euros, co que se busca o desenvolvemento e o benestar do sector da hostalería, do turismo e do ocio mediante a posta en marcha de iniciativas de promoción da gastronomía, como a coñecida campaña ‘…. E para comer Lugo’, e de todos os valores que presenta o conxunto da provincia como destino turístico tanto a nivel estatal como internacional.
A área de Turismo e APEHL están de acordo en traballar para desestacionalizar a chegada de visitantes e ofrecer alternativas ao turismo masificado, o que aseguran “require facer un esforzo económico na difusión do patrimonio cultural material e inmaterial, gastronómico e natural da provincia. Todas as nosas comarcas teñen particularidades e marcos incomparábeis e irrepetíbeis cheos de cultura e encanto que debemos xestionar adecuadamente para que actúen como polos de atracción turística”.
“O turismo –precisou o delegado- foi sempre un factor determinante no desenvolvemento do país tanto en termos económicos como de xeración de emprego, chegando a supoñer até case o 14 por cento do PIB español. Agora, o sector público e os axentes privados debemos traballar conxuntamente para que recupere ese papel e volva ser un estímulo que axude superar a situación de crise que vivimos”.
Desde a APEHL entenden que se debe facer unha promoción turística conxunta a nivel provincial. “Temos moitísimo que ofrecer deste o punto de vista turístico, pero hai que ter en conta que moitos deses aspectos son descoñecidos, polo que é necesario poñelos en valor e dalos a coñecer”, puntualizou Cheché Real.
Neste sentido, e grazas á colaboración da Deputación de Lugo, desde a APEHL, a asociación empresarial máis grande de toda a provincia, están a desenvolver un importantísimo labor na promoción turística de Lugo. Entre as súas últimas accións está a edición dunha guía turística provincial, así como unha maior involucración nas novas tecnoloxías coa adaptación do espazo web aos móbiles e ás redes sociais.





















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



