Barreiros, 26 de novembro de 2013. Para o BNG de Barreiros a actitude do alcalde popular Alfonso Fuente amosa a verdadeira cara do PP a respecto da igualdade e das mulleres.
A pesares de presentar un plan de igualdade, o desprezo polas mulleres segue a ser patente no alcalde barreirense. Para comezar, porque o devandito plan son 8 follas (dúas delas ocupadas con gráficos) nas que non se fai referencia a ningunha diagnose da situación das mulleres do concello e no que non se contempla ningún tipo de actuación que contribúa na educación e concienciación da sociedade en igualdade. O único que se presenta é un relatorio de actos, na súa maioría pseudoculturais, cos que se pretende cubrir o expediente e transmitir un pretendido compromiso coas mulleres. Pola contra,
nada se fala de dotación orzamentaria coa que afrontar medidas de igualdade ou, o que sería máis fácil, non se fai ningunha referencia ás medidas para fomentar a igualdade na propia administración local. Nin unha soa liña das medidas directas que se poden aplicar no Concello de Barreiros: conciliación, igualdade salarial, utilización de linguaxe non
discriminatorio ou sexista nos documentos municipais, etc.
Con estes datos sobre a mesa, a portavoz municipal do BNG calificou onte o plan presentado como unha “auténtica chapuza feita para lavar a cara, porque nen sequera poden limpar as conciencias. Pretenden lavar a súa cara aqueles que fan comentarios de desprezo cara as mulleres e aqueles que, coas súas políticas, están levando á miseria a milleiros de mulleres no noso País que, cada vez máis, se ven abocadas a sufrir e soportar situacións discriminatorias sen ter ningún tipo de apoio institucional. Tamén no ámbito da violencia machista, onde podemos observar como diminúen as denuncias,
mais non os casos de violencia; senón que a redución das denuncias vén determinada polas dificultades cada vez maiores que as mulleres teñen para acceder á xustiza e ás medidas de protección.”
Ana Ermida instou ao alcalde de Barreiros a retractarse das súas palabras de hai uns meses sobre as feministas e a pedir perdón a todas as mulleres que ofendeu e insultou coa súa actitude. “É a maior mostra de cinismo que se ten dado nos últimos tempos. Que a mesma persoa que dixo hai uns meses nun pleno municipal que as feministas o son ata que se casan, no día de onte fora abandeirado dun manifesto que dicía rexeitarei tódalas accións, comentarios ou chistes que trivialicen a discriminación da muller e que denigren a imaxe da muller; demostra ata onde poden chegar coa súa hipocresía os señores, e tamén as señoras que os amparan, do Partido Popular.”
Para o BNG a actitude do alcalde barreirense e o plan presentado onte “son unha auténtica falta de respecto a todas as mulleres e homes deste concello que acreditan na igualdade.”
Desde o grupo municipal nacionalista solicitaron que o plan fose elaborado, aplicado, seguido e avaliado por órganos nos que puidera participar a cidadanía. Que nel se recollan cuestións reais de Barreiros, que lle afectan ás mulleres, como pode ser a dificultade para a titularidade conxunta das explotacións agrarias e non só retórica e medidas que non aportan nada para a igualdade real. No mesmo sentido, urxiron ao popular Alfonso Fuente a ser igual de combativo que é para outras cuestións e reclamar os medios precisos para poder facer unha política de igualdade e que elimine as
discriminacións ás mulleres. O grupo popular negouse a tratar unha moción presentada polo BNG na que se lle reclama á Xunta de Galiza a mellora de axudas de apoio ás mulleres que sofren violencia machista, a inclusión da atención psicolóxica a mulleres e crianzas na rede sanitaria pública ou a garantía dunha atención xurídica axeitada, permanente e especializada en materia de violencia de xénero.


















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



