O vindeiro venres, día 20 de decembro, como vén sendo habitual nos últimos anos, Alfoz celebra a entrada do Nadal cun concerto musical. Nesta ocasión a benvida destas datas tan entrañables correrá a cargo do grupo músico-vocal burelés “Canere Son”. O acto será no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz ás 20 horas, con entrada libre.




















No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.
O evento, organizado por O Arco da Vella coa colaboración do Concello de Barreiros e o CEIP San Miguel, contará coa participación dos grupos ACF Gamelas e Anduriñas de Espasante e O Arco da Vella de San Miguel de Reinante. Antes do festival haberá un pasarrúas con saída desde a Praza do Souto.
No acto acompañará ao autor o filólogo e escritor Ramón Reimunde.



