Riotorto, 3 de decembro de 2013.- O presidente do PP de Riotorto, Clemente Iglesias, anunciou este martes que o seu partido comenzará a repartir por todo o municipio, un boletín informativo para que os veciños sexan conscientes do dano que está a facer o rexedor no concello.
No tríptico explícase que Riotorto perdeu a residencia debido a nula e nefasta xestión do rexedor, quen, en vez de adicarse a traballar polo veciños, que son os que lles pagan e a quen se debe, adicouse a andar de orquestadas, facendo obras de teatro con temas alleos, por fóra do Concello, e desatendéndoos.
Expón o PP, que o mal chamado espírito de Riotorto deu lugar á perda da residencia e dos conseguintes empregos que xeraría para os veciños desta localidade.
Conclúen os populares manifestando que debido a esta desatención, os veciños de Riotorto non contarán coa necesitada e tan demandada residencia, algo que o PP considera totalmente inxusto, polo que dará conta desta inxustiza a tódolos veciños a través desta campaña informativa.


















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



