A Casa da Cultura de Alfoz acollerá o 26 e 27 de decembro o Campionato de Videoxogos de Nadal en Alfoz organizado pola delegación de Cultura do Concello de Alfoz e que se celebrará en horario de tarde, a partir das 16.30 horas.
As modalidades son: “Just Dance 4” (para todas as idades), “Pro Evolution Soccer 2013” (para todas as idades) e “Call of Duty Black OPS 2” (para maiores de 12 anos). Haberá premios para os mellores de cada modalidade.
A inscrición é gratuíta e pode realizarse na OMIX de Alfoz (Casa da Cultura) ou ben chamando ó 982 57 12 71 (Mirta).
Actividades para nen@s
A OMIX do concello de Alfoz organiza para o vindeiro Nadal 2013 actividades para nenos e nenas, nas que haberá xogos, cine, manualidades, música, contos… Poden participar nenos de ata 11 anos. O horario será polas mañás, de 12 a 13,30 horas, o luns 23, xoves 26, venres 27 e luns 30 de decembro e xoves 2 e venres 3 de xaneiro. Os interesados poden inscribirse falando con Mirta no teléfono 982 57 12 71.
Certame de Poesía Infantil “Nadal 2013”
A Biblioteca Pública Municipal de Alfoz convoca o Certame de Poesía Infantil “Nadal 2013” (fase Local) no que poden participar todos os nenos, con poemas sobre o tema xenérico de “O Nadal”. Establécense tres categorías: A: Ata 8 anos; B: De 9 a 11 anos; C: De 12 a 16 anos. Cada autor poderá presentar cantos traballos desexe. Os poemas estarán escritos en galego e a súa extensión será como máximo dun folio por unha soa cara.
O prazo de presentación dos poemas rematará o 23 de decembro de 2013, debendo ser entregados polos seus autores na Biblioteca Pública Municipal de Alfoz. Un xurado seleccionará por cada modalidade e categoría un máximo de tres traballos. Os autores seleccionados recibirán cadanseu diploma e libros. E, os traballos premiados nesta fase local participarán na fase provincial do certame, convocada pola Biblioteca Pública Provincial de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.
XI Concurso de Postais de Nadal 2013
A Biblioteca Pública Municipal de Alfoz e a OMIX do Concello de Alfoz convocan o XI Concurso de Postais de Nadal 2013. Poderán participar todos os nenos dentro das seguintes categorías: A: Primeiro Ciclo de Primaria; B: Segundo Ciclo de Primaria e C: Terceiro Ciclo de Primaria. Cada autor poderá presentar cantos traballos desexe, sendo as postais feitas sobre cartolina de tamaño aproximado DIN A4 dobrado pola metade.
O prazo de presentación das postais rematará o 23 de decembro de 2013, debendo ser entregados polos seus autores na Biblioteca Pública Municipal ou na OMIX do Concello de Alfoz. Un xurado seleccionará por cada modalidade e categoría un máximo de dous traballos. Os autores seleccionados recibirán cadanseu premio. O fallo do xurado farase público na primeira quincena de xaneiro de 2014.
Festival Musical de Nadal 2013
O grupo músico-vocal burelés “Canere Son” ofrecerá un concerto no salón de actos da Casa da Cultura de Alfoz o 20 de decembro ás 20.00 horas. A entrada será gratuíta.
Teatro en Alfoz polo Nadal
O grupo de Teatro Xuvenil “A Maseira”, de Alfoz e O Valadouro, estrea no concello a obra “Deusas”, orixinal de José Vázquez Peinó. Unha reflexión sobre a vida e a sobre a individualidade co fondo da mitoloxía clásica.
A representación terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura de Alfoz o sábado 28 de decembro a partir das 20.00 horas con Rocío Sixto (Iaso), Sabela Quirós (Atenea), Lara Fanego (Afrodita), Andrea Geada (Hestia), Tania Pernas (Hera) e Cristina Trigo (Artemisa) coma protagonistas.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



