A sección de atletismo das Escolas Deportivas Lourenzá-Mondoñedo logrou tres podios na prestixiosa Corre con Nós en Lugo, que tamén era a Lugo Monumental dos 10 kilómetros para a proba absoluta.
Foi na categoría B feminina onde Ainara Rodríguez, Ana Vallines e Claudia Graña fixeron pleno subíndose ao podio da proba nesa orde.
O resto dos resultados dos atletas laurentinos e mindonienses foron:
CATEGORÍA A FEMININA (2007, 2006, 2005):
8 – DIANA LASTRA. – 3,17
17- IRIA RGUEZ. 3,26
CATEGORÍA A MASCULINA (2007,2006,2005):
13 – FERNANDO VALLINES FERNÁNDEZ – 03,00
21 – BRAIS DIAZ SALAS – 03,05
CATEGORÍA B MASCULINA (2004,2003,2002):
20 – ALEIX DIAZ SALAS – 04,35
22 – HUGO VILLALBA LEÓN – 04,37
CATEGORÍA B FEMININA (2004,2003,2002):
1 – AINARA RODRÍGUEZ ARES – 04,06
2 – ANA VALLINES FERNÁNDEZ – 04,11
3 – CLAUDIA GRAÑA FERNANDEZ – 04,18
60 – CARME ALONSO MOURELLE – 05,07
120 – MARÍA VALLINES FERNÁNDEZ – 06,28
CATEGORÍA C FEMININA (99,00,01)
42 – CARMEN LOPEZ DINIZ – 06,44
CATEGORÍA ABSOLUTA MASCULINA E FEMININA: 10 QUILÓMETROS
79 – MARTÍN PARDIÑAS DÍAZ – 38,07
156 – MARCOS RODRÍGUEZ DÍAZ – 40,15
195 – JOSE CARLOS DIAZ BLANCO – 41,01
317 – JOSE MANUEL ALVAREZ CARBAJALES – 43,36
356 – LUIS MANUEL GRAÑA GONZALEZ – 44,10
1238 – JOSE LOPEZ GAVIN – 01,07,21
1252 – FEDRA ALVAREZ-VIJANDE MARTINEZ – 01,17,45























A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
