Ribadeo, 27 de decembro de 2013. Marcados pola chuvia e polo vento tiveron lugar esta tarde os actos de descubrimento de pracas na praza da Música, na rúa do Pipelo e na rúa Antonio Rodríguez Darriba. Aos actos asistiron o alcalde, Fernando Suárez, os concelleiros de Servizos Sociais e Medio Ambiente, Teresa González Piñeiroa e Horacio Cupeiro, respectivamente, así coma representantes do resto das formacións políticas con representación na Corporación Municipal.
Por mor do mal tempo tiveron que suspenderse as actuacións musicais que en cada rúa e espazo público ían correr a cargo dun grupo de alumnas e alumnos da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo.
O rexedor dixo que “mañá, sábado, concluirá o proceso de nomeamento de rúas que iniciamos hai meses por unanimidade da Corporación Municipal co fin de dar resposta ás demandas do servizo de Correos, porque ás veces tiñan problemas para facer chegar a correspondencia a algunhas rúas ou espazos públicos por carecen dun nome concreto ou por estares nomeados de xeito confuso”.
O sábado 28 de decembro o descubrimento de placas comezará ás 12 horas na rúa Juan Suárez Acevedo, seguirá ás 12:30 horas na rúa da Lodeira, ás 12:50 será a quenda para a rúa dos Irmáns Suárez Couto, ás 13:10 horas será inaugurada a avenida Irmáns Pérez Prieto e ás 13:30 horas a protagonista será a rúa da Illa Pancha.




















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



