29 de decembro de 2013.- A Secretaría de Estado de Administraciones Públicas levou a cabo no último trimestre o estudo “La Voz de los Ciudadanos 2013”. Unha consulta que se repite cada ano para medir o grao de satisfacción dos usuarios cos servizos que prestan as oficinas de información das Delegacións do Goberno, Subdelegacións e Direccións Insulares da Administración General del Estado (AGE), dependentes do Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas, co fin de identificar os problemas que poidan existir e mellorar a prestación dos servizos públicos.
Este ano 2013, o estudo analizou a opinión de 8.695 usuarios das oficinas de información en todo o territorio nacional. Os cidadáns consultados en Galicia foron 399. Unha mostra representativa que valorou, cunha puntuación posible de 0 a 5 puntos, distintos aspectos coma a satisfacción pola atención recibida, a información facilitada, o tempo de espera, o trato persoal, as instalacións ou a accesibilidade.
No caso das oficinas da Delegación do Goberno en Galicia, destacar os principais aspectos valorados en canto á atención do persoal, ña que outorgaron maioritariamente os usuarios a máxima puntuación (4 e 5 puntos):
|
Delegación e subdelegacións do Gobierno |
Tempo de espera |
Tempo de atención |
Trato persoal |
Información facilitada |
Atención recibida respecto á esperada |
| Galicia | 95,0 | 96,8 | 98,5 | 96,2 | 97,7 |
| A Coruña | 98,3 | 77,8 | 98,3 | 95,0 | 95,0 |
| Lugo | 98,6 | 97,3 | 100 | 93,2 | 97,3 |
| Ourense | 66,7 | 98,3 | 96,3 | 96,3 | 96,3 |
| Pontevedra | 96,2 | 98,3 | 98,3 | 97,5 | 98,7 |
Tal e como se mostra na táboa, os cidadáns outorgaron estas cualificacións á rapidez na atención ao usuario, cualificando con 4 e 5 puntos o 95% dos usuarios o tempo de espera. En canto ao trato persoal recibido, o 98,5% dos enquisados deron tamén a súa máxima puntuación, así coma á atención recibida con respecto á que gardaban recibir (valorándola así tamén o 97,7% dos cidadáns). Esas mesmas cualificacións positivas foron as que deron ao tempo que dedicaron a atendelos (96,8%) e á información facilitada (96,2%).
EVOLUCIÓN DO ÍNDICE XERAL DE SATISFACCIÓN
Por outra parte, destaca un repunte na valoración que fan os cidadáns este ano con respecto ao anterior no global dos aspectos analizados do servizo destas oficinas, que facilitan información sobre todos os trámites, sexan estatais, autonómicos ou locais. Neste sentido, o grado de satisfacción xeral increméntase en máis de 14 puntos en 2013 con respecto a 2012. Pasando a máxima cualificación outorgada en Galicia (de 4 e 5 puntos) do 80,6% en 2012 ao 94,9% no 2013.
A actividade que desempeñan as oficinas de información de Administración do Estado en Galicia, por tanto, aparece valorada cun alto grado de satisfacción e representa un claro expoñente dunha Administración Pública Estatal, hoxe máis moderna, eficiente e, sobre todo, orientada ao servizo dos cidadáns.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



