A Mariña, 03 de decembro de 2013.- Novas Xeracións da provincia renovará a principios de 2014 as súas xuntas locais en varios concellos da comarca da Mariña, como mostra da actitude democrática e aberta que profesa a formación vinculada ao Partido Popular.
Durante a celebración destes congresos locais darase participación a novas persoas e materializarase a “reafirmación dunhas ideas que nos permitirán traballar máis de preto por todos os mozos da comarca”.
Novas Xeracións está formada por xuntas de mozos “comprometidos cos seus pobos” que permiten ser o “nexo de enlace entre a clase política e a xuventude” e que necesitan reactivarse a través de novos congreso locais.
Renovacións
A agrupación comarcal e provincial de Novas Xeracións resalta o traballo desenvolvido durante estes anos polas formacións locais constituídas nos diferentes concellos da Mariña, para as que NN.XX. “só ten palabras de gratitude”.
Entre elas, celebrarán concellos de renovación as de Viveiro, A Pontenova, Burela, Foz e Ribadeo; mentres que xa tivo lugar a constitución da nova executiva en Mondoñedo. A maiores, Novas Xeracións provincial chegará a dous novos concellos da comarca coa creacións de locais nos municipios de Ferreira do Valadouro e Alfoz.
Reprobación dunha actitude “desprezativa”
Novas Xeracións da comarca da Mariña tamén quere repudiar a actitude posta de manifesto polo rexedor local de Ribadeo, caracterizada polo “desprezo” cara o presidente provincial da formación, Daniel Vega.
As palabras de Fernando Suárez nas que trata a Vega de “este rapaciño, este presidente de Novas Xeracións”, poñen de manifesto a pouca complicidade do popular cos mozos da localidade e coa xuventude que ademais de ter inquietudes políticas se amosa “comprometida co seu pobo e coa súa xuventude” e por cuxo motivo “forma parte dunha agrupación política”.
Novas Xeracións convida a Suárez Barcia a empregar a “verdade”, tal e como fixo Daniel Vega á hora de afirmar que a Xunta foi a primeira administración en comprometerse coa residencia de Ribadeo.
“As críticas realízanse con información”, e os datos pasan por afirmar que o bipartito na Xunta de Galicia estableceu unha normativa na que se establecía un ratio de 1.500 pacientes por facultativo; que hoxe en Ribadeo se está a cumprir xa que hai 1.046 pacientes por médico. “Dicir o contrario é mentir”.















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Son 15 os postos instalados nos que os asistentes poderán atopar complementos de moda e téxtis, marroquinaría, xoiaría, teas, sombreirería, bixutaría, xoguetes ou esmaltes. Esta feira está percorrer diversas localidades e cidades galegas para dar a coñecer o traballo dos artesáns galegos. Polo recinto pasaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz.
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna hoxe ao monolito da Cadeir a, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show mañá, ou unha ruta turística o domingo. Ademais, haberá sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.



