Os rueiros dos pobos; ou sexa, as vías urbáns e espazos públicos, acostuman chamarse por nomes que os distinguen e identifican.Topónimos, ou persoeiros de variada índole, en xeral considerados pola sociedade, singularizan rúas, xardíns e lugares de mais ou menos interese aínda que, lóxicamente, non sempre gozan do beneplácito dos vecinos. Durante anos, un tramo da via que atravesa a vila levou un nome descoñecido para a maioría dos focegos: Folke Pherzon, ata que un goberno sumerxiuse no nomenclator estabrecido que, en casos resultan insólitos ou sorprendentes Borrouse canto nome tiña mínima connotación franquista, mesmo o dos que na incivil do 36, á forza, vìronse obrigados a loitar no bando do ferrolán; pero deuse unha incongruencia de bulto: o esforzo incontrolado fixo que caera tamén quen fora alcalde republicano, home de prestixo, e fundador do PSOE e a UGT locais. Sacouse do medio a Pherzon e, para amosar o seu “progresismo”, os “depuradores” botaron man doutro de allende as fronteiras; moi coñecido, pero que as xentes pregúntanse qué pinta Mijael Gorvachov nunha rua de Foz. Aquel goberno, sabedor do meritorio do seu labor, e seguro de que tal é o sensato, trocou o nome popular do “camiño do Cantel” por calle “Corporacións Municipais”, en auto-homenaxe, pois foron eles mesmos os promotores, eles os que a valoraron, quen tomaron o acordo; os que mercaron as placas para pendurar das paredes, reservando ós cidadans a honra de pagar, a través dos impostos, os gastos que se derivan. Ou sexa, eles o guisaron, o comeron e o desfrutan dende unha egolatría que comparten, colectiva e individualmente, uns e outros protagonistas do auto-bombo, co que todos eles se atopan moi a gusto; un distingo, sen data de caducidade, que abrangue a todas as corporacións, habidas e por haber; mesmo a aquelas incapaces de redactar e aprobar un PXOM digno, ouxetivo, ou acordar unha ubicación, o mais idónea posible, para a depuradora… Hai quens dín que os edís defenden intereses alleos á ética política e mesmo á persoal; pero só son faladurías…!
Suso Fernández




















O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.
A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.



