O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, e o Alcalde do Valadouro, Edmundo Maseda, acompañados pola Vicepresidenta Segunda do organismo provincial, Lara Méndez, asinaron este mércores o convenio de colaboración para a posta en marcha en dito municipio mariñao da primeira escola pública e gratuíta en Galicia de horticultura ecolóxica. Trátase dun proxecto que busca xerar emprego no rural, facendo fronte ó despoboamento demográfico, recuperar o territorio de xeito sostible e profesionalizar por vez primeira este sector, incrementando as súas oportunidades laborais e económicas.
Gómez Besteiro salientou que “esta escola pública e gratuíta brindará a posibilidade de formarse con practicas remuneradas e recibir asesoramento personalizado, todo a custe cero, para a creación e consolidación de novas explotacións ou cooperativas sobre un sector que xera en Galicia un volume de negocio de 1 millón de euros e 150 empregos, co aproveitamento de tan só unhas 100 hectáreas de terreo. Pero as oportunidades laborais e económicas da horticultura ecolóxica poderían triplicarse co aproveitamento da superficie agraria útil da Comunidade. No caso da Mariña, as condicións climatolóxica da zona favorecen o éxito deste sector, que non require de importantes investimentos para iniciar a actividade como ocorre, por exemplo, coa gandeiría. É un verdadeiro nicho de emprego no rural, que contribúe á recuperación do noso territorio”.
A primeira escola pública en Galicia de horticultura ecolóxica ofrecerá ós alumnos formación e prácticas remuneradas durante 1 ano, así como asesoramento outros 4 anos máis, co obxectivo de consolidar os negocios saíntes, tendo en conta que as empresas de nova creación tenden a desaparecer nos primeiros anos de vida.
No primeiro ano, coñecerán as particularidades dos productos de horta nas campañas de verán (tomates, pementos, xudías…) e inverno (repolo, brócoli, chícharos…). Cada alumno será responsable dunha parcela nas novas instalacións que Deputación e Concello xa acondicionan detrás do Consistorio de dito municipio, onde porán en práctica os coñecementos adquiridos. Neste mesmo espazo, contarán cunha infraestrutura onde aprenderán a embalar os seus produtos con todos os requisitos sanitarios e de selado ecolóxico para a súa posta á venda. Todo o recompilado coa comercialización dos seus produtos será para un capital social que contribúa á posta en marcha dos negocios ou cooperativas do alumnado.
Ademais, recibirán formación sobre comercialización, novas tecnoloxías, xestión empresarial, enerxías renovables, industrialización, captación de recursos económicos, vantaxes do asociacionismo agrario para a posta en marcha de cooperativas…, en definitiva, sobre o completo proceso de creación e funcionamento dos negocios.
Creación e consolidación das empresas
No segundo ano, porán en marcha as súas propias explotacións baixo a tutela dun titor, que lles ofrecerá colaboración durante todo o proceso, facilitándolles asesoramento personalizado en materia de produción, comercialización, xestión económica ou trámites administrativos. A partires do terceiro ano, o titor continuará prestando colaboración para a consolidación das empresas saíntes. Crearase entón na primeira escola pública en Galicia de horticultura ecolóxica un foro permanente, onde se debatan os problemas, oportunidades e todos os aspectos que xurdan durante a actividade dos ex alumnos, servindo como exemplo para futuros alumnos.
Novas instalacións
Gómez Besteiro, Lara Méndez e Edmundo Maseda supervisarán o inicio dos traballos de acondicionamento dunha parcela de 7.000 metros cadrados, situada detrás da Casa Consistorial do Valadouro, que estaba en desuso, onde se situarán os invernadoiros, as parcelas individuais e as instalacións para o embalaxe dos produtos ecolóxicos. A 1º escola pública e gratuíta en Galicia de horticultura ecolóxica estará en funcionamento en maio, podendo acoller xa ós primeiros 8 alumnos. Esta iniciativa conta cun presuposto inicial de 275.000 euros, financiados en preto do 80% pola Deputación de Lugo, con 215.000 euros, e nun 20% polo Concello do Valadouro, con 60.000 euros.
Proxecto de investigación de produtos pesqueiros
O Presidente tamén visitou Viveiro este mércores acompañado da Alcaldesa, María Loureiro, onde asinaron un convenio de colaboración coa USC para a posta en marcha dun proxecto de investigación pioneiro en España, que permita obter novos derivados do bonito e da merluza, ofrecendo alternativas laborais e incrementando o volume de negocio destes produtos. No 2013, as lonxas de Burela e Celeiro venderon máis de 10 millóns de quilos de merluza, acadando beneficios superiores ós 40 millóns de euros. En Burela, facturáronse ademais outros 7 millóns de euros coa comercialización do bonito. O obxectivo desta iniciativa é acadar produtos do músculo deste pescado, que na actualidade non existen, como por exemplo xamón cocido de bonito do norte e da merluza. Este proxecto, dotado de 30.000 euros da Deputación, inclúe talleres gratuíto para desempregados, que se impartirán en Burela e Viveiro, ós que se lles dará conta dos resultados desta iniciativa, transmitíndolles os coñecementos prácticos necesarios para a súa inserción laboral nesta nova actividade.

























A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Estiveron organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofreceron tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).



