Ribadeo, 20 de xaneiro de 2014. O hotel O Cabazo recibirá en Fitur a Q de calidade turística que lle concede o Instituto para a Calidade Turística Española. Será no transcurso de Fitur, a Feira Internacional de Turismo que se celebra en Madrid do 22 ó 26 do presente mes de xaneiro. O Cabazo logrou por primeira vez este galardón.
O acto de entrega anual de certificados Q de Calidade Turística terá lugar o xoves, 23 de xaneiro, ás 12 da mañá no centro de convencións sur de Ifema. No mesmo participarán a secretaria de Estado de Turismo, Isabel Borrego Cortés, e o presidente do Instituto para a Calidade Turística Española, Miguel Mirones Díez.
Os establecementos que contan con este recoñecemento, coma o hotel O Cabazo de Ribadeo, tiveron que pasar estrictas auditorías que confirman que a prestación do seu servizo garantiza calidade, seguridade e profesionalidade. Q de Calidad Turística sinala na súa páxina web que esta certificación lles aporta ós locais hoteleiros: prestixio, diferenciación, fiabilidad, rigorosidade e promoción por parte da Secretaría de Estado de Turismo e as comunidades autónomas.





















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



