O día 3 de febreiro celébrase no barrio de Vilaxoane a que é a primeira festa do calendario anual do concello focego: o San Blas. A ermida, sinxela, pero moi coidada e conservada, dado o interese dos veciños, atópase ao inicio da estrada que leva á igrexa de San Martiño. É dunha nave coberta de madeira ás dúas augas, con arco de trunfo e capela maior. Nela pódense ver as imaxes de San Blas, San Xosé, San Roque e a Virxe co Neno, estas dúas do século XVIII. Posúe retablo barroco dun só corpo con catro columnas salomónicas, na que se contempla un Cristo e unha imaxe de San Caetano do XVIII. As imaxes viñeron de Nápoles, segundo as crónicas, e atribuen a construcción ao “Oidor” Saavedra, Conde de Gimonde, Conselleiro nas Indias e, según contan, débese o nome de Vilaxoane a unha filla dos devanceiros daquel chamada Xoana. A do San Blás é romería entrañable á que acude xentío da vila e a bisbarra, pois en boa medida pervive a crenza de que o Santo é abogoso das doenzas da gorxa, ao que os crentes se encomendan ao tempo que se realiza o rito de “poñer o Santo”.
O aspecto lúdico tradicional xira en torno aos bailes que hai motos anos tiñan `por escenario a “aira de Morán”, que mais tarde pasaron ao salón da Corredoira, (hoxe Xoíña) onde tiña lugar o “baile da escoba” que se ben non era espectáculo artístico, nen estético, era divertido e xocoso: chegou a ser moi popular. O tempo frío, de choiva, desapacible, que é frecuente deixou unha referencia histórica: No ano 1954 caeo no contorno a mais grande nevarada que lembramos; tanto que naquela ocasión non se celebrou a festa pois a orquestra contratada non chegou ao lugar de destiño…Hoxe unha gran carpa protexe das inclemencias e nela ten lugar o “día dos callos”, que co “pan de San Blas” son as singularidades gastronómicas da ocasión. Esperemos que este ano se porte mellor, e a alguén poda facerse aquela encomenda: “ Se vas ao San Blas / traeme un San Blasiño / que non sexa moi grande / nen moi pequeniño”.
Suso Fernández




















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



