A MARIÑA .- O portavoz do PP no concello de Burela, José María González Barcia, afirma que o helicóptero Pesca2 pertencente a Xunta de Galicia, con base en Celeiro “incumpre o contrato vixente, porque non hai atención inmediata as vinte e catro horas do día, porque hai noites nos que o helicóptero está inoperativo, porque se estivo máis dun ano sen un rescatador, e porque a situación de mobilidade dos pilotos crea unha situación de provisionalidade”.
Nota de Prensa
NOTA DE PRENSA DO PORTAVOZ DO GRUPO MUNICIPAL POPULAR DE BURELA
O GMPP asegura que a situación do Pesca II incumple o contrato vixente.
O portavoz do GMPP, José María González Barcia, considera que a Consellería de Pesca define como “de segunda” ós mariñeiros da Mariña.
Para Barcia, o alcalde de Burela é “la voz de su amo” e considera “cínica” a postura do Bloque.
O portavoz do GMPP de Burela, José María González Barcia, afirmou hoxe a través dunha nota de prensa que a postura afdoptada polos socialistas e os nacionalistas no pasado pleno sobre a moción presentada polo PP para solicitar a ampliación da tripulación do Pesca II demostra “descoñecemento e falla de interés, ademais de cinismo e ausencia de defensa dos intereses do sector mariñeiro”. Barcia asegurou que a situación do Pesca II incumple o contrato vixente, porque non hai atención inmediata as vintecatro horas do día, porque hai noites nos que o helicóptero está inoperativo, porque se estivo máis dun ano sen un rescatador, e porque a situación de movilidade dos pilotos crea unha situación de provisionalidade que antes non había.Todas estas circunstancias fan que non se cubran adecuamento as situación de risco e avalan a petición do PP de aumento da tripulación do Pesca II.
Barcia lembrou que no caso do afundimento do “Cordero”, o Pesca II tardou dúas horas e media en chegar, e que o tempo de reacción é importante para garantir a propia eficacia do salvamento. Ademais, o Pesca II chegou sen cámara de infrarroxos e sen focos de alumiado nocturno, imprescindibles neste caso, e que estaban en Estados Unidos.
Por outra parte, Barcia lembrou que a “Punta Roncadoira” non poido actuar no afundimento do “Sombrita” no Vicedo porque estaba, literalmente, inoperativa por falla de tripulación.
Polo tanto, estos datos, segundo Barcia, poñen de relevo que a situación do salvamento marítimo na costa lucense é insuficiente, co conseguinte risco para os nosos mariñeiros.
A decisión da Consellería de Pesca de aumentar a dotación do Pesca I con base en Vigo é a que se tén que adoptar no caso do Pesca II, para cubrir as emerxencias as vintecatro horas do día os trescentos sesenta e cinco días do ano cun tempo de reacción mínimo que garanta a eficacia no rescate. De non ser así, a Xunta do PSOE e do BNG condenan ós mariñeiros da Mariña a ser de segunda categoría, e a estar máis indefensos ante as situación de risco.
González Barcia considera que a operatividade totoal do Pesca II é fundamental porque o helicóptero é o medio máis rápido de rescate e salvamento marítimo e ademais atende tamén servicios para o Hospital da Costa.
Barcia afirmou que o alcalde de Burela non sabe de que fala e coas súas declaración fai que os que entenden desto se rían a gargalladas. Barcia calificou a postura do alcalde de Burela de “la voz de su amo”, de ser un home sumiso ó aparato socialista, falto de criterio, e incapaz de ser obxectivo para defender o traballo e as vidas dos mariñeiros de Burela e da Mariña; é decir, non é un alcalde de fiar, porque lle dás as costas ós cidadáns ós que tén a obriga de representar. Vén de meterse nun xardín sen que o chamaran, actuando de portavoz da consellería de Pesca, cando debería ser a propia consellería a que se defendese con argumentos sólidos.
Con todo, segundo Barcia, o sector sabe o que hai, e o alcalde e a consellería de Pesca non engañan ós mariñeiros, que saben a quen teñen; no caso do alcalde, a un alcalde que rexeitou apoiar ó sector nas súas reivindicacións de hai tres meses, e que tivo a preocupación de garantirlle a José Blanco un xantar tranquilo en Sargadelo. En definitiva, fai o papel dun “mandadiño”.
Por último, Barcia calificou de cínica a postura do BNG, xa que estes foron mui críticos co salvamento marítimo na época do PP, e agora, cunha situación mala, deficitaria en servicios, e que pón en risco ós mariñeiros, calan a boca e o que é peor, non plantexan alternativas.
En Burela, a trintaeun de Agosto de dous mil oito.


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



