A culminación da autovía do Cantábrico, coa apertura ao tráfico dos últimos dous tramos pendentes de executar (Mondoñedo-Lindín e Lindín-Careira) converteuse nunha boa nova para o conxunto da comarca da Mariña lucense, por canto contribúe a dotarnos dunha infraestrutura de comunicación vital, propia do século XXI, que vén a dar solución ao inaceptable illamento nas nosas conexións viarias.
Non e arriscado, senón sensato, equiparar a inauguración da autovía no seu traxecto completo co avance que no seu día supuxo, noutros ámbitos, a apertura do Hospital da Costa, ou a posta en marcha do conglomerado empresarial de Alumina-Aluminio, hoxe Alcoa, por canto todas estas iniciativas foron configuradas para converterse nun motor social, económico, industrial e, no caso concreto da autovía, nun traxecto capaz de servir de imán para atraer novas oportunidades á principal comarca da provincia.
A iniciativa adquire máis relevancia, se cabe, tendo en conta o contexto no que as administracións gobernadas polo Partido Popular deron cumprimento do seu compromiso coa comarca. A crise económica e os axustes orzamentarios non foron obstáculo, grazas á firme vontade dos actuais gobernantes, para apostar pola culminación dunha infraestrutura que supuxo un investimento estatal de 720 millóns de euros. Executáronse uns traxectos que constituían todo desafío de enxeñaría polas dificultades técnicas e orográficas que había que superar: desniveis, movementos de terra, construción de amplos viaductos. Só os dous tramos abertos, acapararon o 27% do orzamento total, o que da boa mostra das razóns polas que esixían un reforzado esforzo.
Queda pendente o reto de facer realidade o corredor costeiro, que completará a rede de comunicación da nosa comarca, contribuirá a unha mellor vertebración dos concellos occidentais e á conexión coa rede viaria de alta velocidade. Nese obxectivo, e en seguir avanzando e facendo realidade aqueles proxectos que outros non souberon ou non quixeron atender, ou que incluso someteron ao esquecemento, centrarán os novos esforzos e compromisos do Partido Popular.
A autovía do Cantábrico é, como definiron o presidente Alberto Núñez Feijóo e a ministra Ana Pastor a nova porta que abre Galicia, pero tamén esa infraestrutura que garante unha Mariña lucense máis e mellor comunicada.
José Manuel Balseiro Orol
Secretario do Parlamento de Galicia

















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



