NOTA DE PRENSA
Os Portavoces Municipais do Bloque Nacionalista Galego nos Concellos polos que transcorre a Autovía Barreiros-San Cibrao mantiveron unha xuntanza na xornada de onte no local do BNG en Foz onde estudaron o proxecto de trazado presentado por Fomento para este vial así como as consecuencias que o mesmo ten para povoación dos mesmos.
Os nacionalistas criticaron duramente que o Ministerio de Fomento reducise o prazo de exposición pública do trazado só a un mes no esgotando o prazo de legal de tres meses que establece a lexislación de aplicación o que pon en evidencia o escurantismo de Fomento e o seu interese porque o proxecto no sexa coñecido por parte da cidadanía. Neste sentido o BNG vai apresentar moción no conxunto de concellos afectados a fin de que os mesmos se dirixan a fomento para que se amplíe o prazo de exposición pública. Na mesma liña o Portavoz do BNG no Congreso presentará a mesma proposta a forma de proposición non de lei no Congreso dos Deputados. Non deixa de ser curioso que a lentitude coa que Fomento se tomou este proxecto contraste agora coa celeridade coa que pretenden despachar a súa fase de exposición pública.
Na mesma dirección do exposto anteriormente o Bloque Nacionalista Galego quere dar a coñecer entre todos os veciños dos Concellos afectados a proposta de trazado que formula Fomento así como porse a súa disposición para a elaboración das alegacións que correspondan. Xa que logo o BNG quere anunciar que nos seus locais está desde hoxe a disposición dos veciños da Mariña a proposta de trazado e que se facilitara a quen así o requira copia do mesmo.
O BNG dirixiuse en repetidas ocasións ao Ministerio de Fomento para que fixese público este trazado pola súa transcendencia xa non na vertebración do territorio mariñán senón tamén porque este é determinante para a súa ordenación territorial é mais nun momento no que os Concellos están a redixir os seus planeamentos. Ao tratarse dunha obra de caracter supramunicipal, o trazado trasponse ao planeamento polo que tanto os PXOM en redacción como os aprobados inicialmente teñen que recoller na súa integridade neste vial o que obriga a empezar de novo cos mesmos. Neste sentido debese ter en conta que a Autovía modifica as previsións xerais do Planeamento o que afecta ao conxunto do documento. A maior afondamento debemos considerar que se trata dunha estrada que ten a fórmula xurídica de Autovía polo que a sua área de afección é de 100 metros a cada banda do vial, quedando inhabilitados para a edificación os primeiros 50 metros e nos 50 metros restantes precisándose para obrar dunha autorización de Fomento.
Neste sentido merece unha consideración particular o que acontece no Concello de Cervo e no Concello de Foz onde a área de afección e a propia traza afecta solo de núcleo rural e mesmamente solo urbano consolidado(A Senra ou Castelo(Cervo), Cangas,San Martiño,Vilaronte,A Espiñeira(Foz). Non podemos esquecer que no caso de Foz estas afeccións implican modificación no PXON en fase de aprobación inicial e que no caso de Cervo obriga a delimitar doutro xeito o solo de núcleo rural. Na mesma liña hai que destacar que a proposta que se suxire coarta calquera tipo de desenvolvemento urbanístico para o Concello de Burela posto que constriñe a súa área de expansión por discorrer de xeito paralelo a variante. O BNG quere criticar que por parte do Concello de Foz non se lle achegase a proposta de ordenación que recollía o PXOM nin unha proposta de trazado o que provoca que mesmamente se hipoteque a posibilidade de desenvolvemento deste Concello tamén cos NSP de 1981.















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



