Santiago, 12 de febreiro de 2014.- O Parlamento de Galicia aprobou este mércores a iniciativa do Grupo Popular na que se insta á Xunta a “elaborar, impulsar e executar” un plan para que, “en colaboración coas comunidades de emigrantes” se potencie e faga posible a promoción dos produtos galegos de calidade.
O portavoz do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro defende que unha actuación conxunta e coordinada do Goberno galego coas comunidades galegas no exterior, pode contribuír como elemento dinamizador da nosa economía e como reclamo á hora de dar a coñecer a excelente calidade dos nosos produtos do mar e agrogandeiros.
“Vinculando os nosos produtos á orixe galega, apostamos pola orixinalidade nun mundo globalizado. Diferenciando os nosos produtos, coa complicidade e colaboración das nosas comunidades no exterior, beneficiamos a Galicia”-concluíu Balseiro, quen insistiu en que “os nosos emigrantes, desde os países nos que residen, son os perfectos embaixadores da nosa terra”.
Balseiro defende que, unha vez posto en marcha este plan contribuirase a que os axentes económicos internacionais poidan recoñecer a Marca Galicia como un socio fiable, que exporta produtos de calidade. Ao mesmo tempo impulsaríanse as condicións necesarias para recibir investimentos exteriores, xerar riqueza, abrir novos mercados, desenvolver unha estratexia firme para algo tan necesario hoxe, como é o impulso de novas oportunidades de emprego.
UNHA OPOSICIÓN IRRESPONSABLE
A pesar dos evidentes beneficios que a posta en marcha deste plan podería supoñer, os populares lamentaron o voto negativo dos grupos da oposición, en especial de AGE que cambia de criterio, xa que tiña rexistrada unha emenda de adición pola que aceptaba o acordo proposto polos populares. Tampouco comprenden a irresponsable toma de postura do PSOE, que ao negarse a apoiar a iniciativa popular opta por desprezar a colaboración e apoio de 10 millóns de emigrantes con ascendencia galega.




















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



