Santiago, 17 de febreiro de 2014.- O deputado autonómico e secretario da Mesa do Parlamento, Jose Manuel Balseiro explicou que o Grupo Popular solicitará á Xunta de Galicia, a través dunha proposición non de lei, que se estuden as medidas máis adecuadas para paliar as necesidades enerxéticas da poboación en risco de exclusión social. Así mesmo, demanda do Goberno central que se desenvolva a definición de consumidor vulnerable ao que se refire a nova Lei do Sector Eléctrico.
POBREZA ENERXÉTICA
Balseiro Orol asegura que no Partido Popular “somos conscientes de que na Comunidade galega existen persoas que viven en fogares con pobreza enerxética”. Neste sentido, explicou que enténdese por este concepto (pobreza enerxética) cando nun fogar non hai diñeiro para pagar unha cantidade suficiente de enerxía que permita cubrir as necesidades básicas ou cando se destina unha parte excesiva dos ingresos familiares ao pagamento da factura enerxética dunha vivenda, provocando carencias noutras necesidades básicas. Ambas circunstancias, por desgraza, teñen adquirido notable relevancia como consecuencia do paulatino incremento da factura eléctrica durante os últimos anos
MEDIDAS EFECTIVAS E XUSTAS
“Non ignoramos que este é un gravísimo problema, polo que consideramos necesario que se estuden medidas que poidan paliar a vulnerabilidade de determinados segmentos de consumidores de enerxía eléctrica”, manifestou o deputado popular.
Máis en concreto, Balseiro demandou a adopción de “medidas efectivas e xustas que solucionen o problema, de xeito que se axude á poboación que verdadeiramente o necesite, ao tempo que sexa asumibles desde o punto de vista económico tanto para as administracións como para os beneficiarios”.
Balseiro indicou que o Partido Popular desde a administración nas que xestiona vén asomando a súa preocupación e interese por esta cuestión como de feito demostran as últimas reformas no sistema eléctrico, promovendo a progresiva eliminación das facturacións estimadas e, neste caso, a inminente reforma do cálculo tarifario (coa desaparición das poxas) coas que se busca unha reacionalización da factura e, a ser posible, un descenso no prezo da electricidade que paga o consumidor final.


















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



