O Valadouro, 19 febreiro de 2014.- O presidente e voceiro do Partido Popular do Valadouro, Jose Manuel Lamela, denunciou hoxe que “as contas non cadran” na organización de varias actividades promovidas polo Concello do Valadouro. Sinalan en concreto a organización da Festa da Troita e a Gala de Fin de Ano en beneficio do Banco de Alimentos.
Os populares alertan que estamos ante novos exemplos da desastrosa xestión do actual Equipo de goberno municipal e nese senso sinalan que en ambos casos aconteceron “erros de organización” que acaban prexudicando economicamente ao Concello –que se ve obrigado ao pago de facturas- ou ao propio Banco de Alimentos, que recibe unha cantidade moito inferior á recadada.
FESTA DA TROITA
Lamela explica que tivo a oportunidade –pon fin– de comprobar o balance de ingresos e gastos da Festa da Troita proporcionado por escrito logo de reiteradas solicitudes ante Concello, e de observar que os ingresos non se corresponden coas declaracións efectuadas nos medios de comunicación, citando fontes da área municipal de Cultura
“Se nos fixo crer que se venderon só a media mañá 400 racións a prezo de 4 euros o que tería suposto uns ingresos de 1.600 euros pero a realidade é que foron algo máis da metade, 282 tickets e na totalidade do día” –dixo Lamela- “Polo que o resultado final, é unha perda superior aos 2.600 euros a soportar con cargo ás arcas municipais, que pagou máis de 3.783 euros en distintas facturas”
Os populares lamentan a falta de xestión e improvisación coa que se actúa desde o Concello que desaproveitou unha cita que podería ter repercutido moito máis positivamente entre os veciños e hostaleiros e dixo que incluso a día de hoxe o Equipo de Goberno non foi quen de aclarar a legalidade do procedemento empregado para a venda directa das racións a través dunha carpa instalada no parque Concepción Arenal
BANCO DE ALIMENTOS
Por outra banda explicou que o pasado 31 de decembro o Concello promoveu un baile de Fin de Ano no matadoiro de Ferreira cuxos beneficios estaban previsto destinar a adquirir produtos para o Banco de Alimentos, obxectivo que aplauden desde o Partido Popular
Dáse a circunstancia de que a pesar de que grazas aos asistentes ao evento a recadación superou os 1.294 euros, só un terzo desa cantidade, 394 euros, chegaron ao Banco de Alimentos. Isto foi así tras descontar da recadación inicial un gastos por valor de 900 euros. O gasto foi aínda superior xa que logo o Concello do Valadouro tivo que asumir facturas, derivadas da organización do evento por valor de 3.586,44 euros.
Os populares din que moitos veciños se sentiron enganados tras coñecer o destino de gran parte da recadación e lamentan que non houbera un apoio maior a unha entidade das características do Banco de Alimentos.
FRACASOS ORGANIZATIVOS
En resume, dous exemplos de “fracaso organizativo” que van en detrimento do fin de dinamización comercial ou apoio benéfico que se pretendía, en cada unha delas, e consecuencias da mala organización e incapacidade de planificación do Goberno local e, en particular, da área de Cultura e de Benestar, responsable directa deste evento.


















Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.



