LUGO .- O pleno da Deputación aprobou unha proposta do equipo de goberno na que se insta á administración do Estado e da Xunta a que adopten medidas para garantir o futuro do sector lácteo. O pleno tamén acordou instar á Xunta a que de modo urxente, dea outro paso máis, no desenvolvemento do pacto local, a fin de chegar a acordos cos Concellos nos que haxa GRUMIR.
Nota de Prensa
A Deputación insta á Xunta e ó Goberno Central a adoptar medidas que garantan o futuro do sector lácteo
– A Corporación provincial aprobou a proposta que lle será comunicada ós Presidentes das administracións autonómica e do Estado
– O Pleno tamén acordou que a Xunta dea urxentemente un paso máis no desenvolvemento do pacto local co obxectivo de chegar a acordos cos Concellos nos que haxa GRUMIR
O Pleno da Deputación aprobou este martes a proposta do equipo de goberno na que se insta á administración do Estado e da Xunta a que adopten medidas competentes para garantir o futuro do sector lácteo. Na moción especifícase que as explotacións gandeiras achegan o 62% do valor da produción agraria, e dentro delas, a produción láctea representa un 28%.
A evolución da produción láctea en Galicia foi medrando nos últimos anos, de tal xeito que o leite das explotacións galegas en 2008 supuxo o 38% das entregas á industria do Estado, fronte ó 35% que se produciron a comezos de 2006. Pero a liberalización da produción do leite en 2015 sumada ó incremento da cota en todos os Estados produtores da UE, e ó recorte de prezos percibidos polos gandeiros, poñen en entredito a supervivencia de moitas explotacións leiteiras galegas.
Deste xeito, tal e como explicou o Deputado de Gandeiría, José María Arias, a Deputación solicita á Xunta poñer ó servizo das explotacións o Banco de Terras, para que estas dispoñan de máis superficie con posibilidades de aproveitamento; adoptar medidas de apoio ás cooperativas de leite creando un tecido industrial en base ás mesmas; e a posta en marcha dun grupo lácteo galego co fin de poñer en valor o leite producido no país.
Ademais, insta ó Goberno do Estado e á administración autonómica a coordinar actuacións destinadas a garantir a recollida do leite de Galicia, establecer axudas directas ós produtores para compensar o baixo prezo do leite en orixe en tanto non se recuperen os prezos no mercado, garantir a continuidade da industria transformadora existente en Galicia e, en concreto, na provincia de Lugo.
Asimesmo, solicitarase ó goberno do Estado a propoñer na Unión Europea unha actuación decidida para regular os mercados e garantir prezos ós produtores de leite, e garantir a viabilidade do sector. O acordo comunicaráselle tanto Presidente do Goberno, como o da Xunta de Galicia, e ós grupos parlamentarios do PP, PSOE e BNG no Parlamento Galego e no Congreso dos Deputados.
Moción de apoio ós GRUMIR e parabéns para a Torre de Hércules
O Pleno da Deputación tamén acordou instar á administración autonómica, a que de modo urxente, dea outro paso máis, no desenvolvemento do pacto local, a fin de chegar a acordos cos Concellos nos que haxa GRUMIR. A Corporación deu o visto e prace a esta cuestión plantexada polo equipo de goberno porque entende que un dos piares máis importantes cos que conta a Comunidade Autónoma en materia de protección e seguridade da poboación, especialmente en áreas do rural, son os Grupos Municipais de Intervención Rápida (GRUMIR).
Gato Soengas explicou, ademais, que a celebración das eleccións locais do 1 de marzo e as medidas decretadas polo novo goberno da Xunta de Galicia retrasaron a posta en marcha destes grupos, o que está producindo graves problemas na prestación de servizos á poboación, nalgúns casos, con grave risco para os cidadáns. Neste senso, indicou que os operativos de intervención están sempre alerta, dentro do seu ámbito comarcal, de accidentes de tráfico, de incendios urbanos e forestais, de servizos de asistencia á poboación, traslados e asistencia a colectivos de minusválidos, cooperación con servizos sociais municipais, etc.
Asimesmo, tamén se aprobou por unanimidade a proposta de Presidencia na que se felicitará ó Concello da Coruña pola declaración da Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade. A Corporación provincial, en solidariedade ós numerosos esforzos realizados polo ente local, trasladará a felicitación ó rexedor municipal.
Exentos do IVE por anuncios no BOP
A Deputación tamén decidiu deixar de cobrar o IVE ós Concellos pola publicación dos anuncios de pago no Boletín Oficial da Provincia. Ata o de agora o organismo provincial cobraba este imposto pola inserción dos anuncios correspondentes á licitación de todo tipo de contratos. Con esta medida preténdese aforrar este custe ós Concellos da provincia. Deste xeito dáse resposta á decisión da Dirección Xeral de Tributos. Este organismo establece que as insercións no BOP non está suxeitas ó citado tributo, xa que non concurren á totalidade dos requisitos recollidos no artigo 5.8 da Lei do IVE.


















Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



