O mal tempo deu unha pequena tregua sendo posible xogar na Alameda dos Remedios de Mondoñedo o Aberto da Tarta, torneo anual que corresponde a VIII xornada da LNB da conferencia NorLeste.
Laiáronse as billardas ao golpearen no empredrado chan da alameda e laiáronse os palanadores cando vían desviada a traxectoria dos seus golpexos pola mesma causa. Aínda así e todo o bo facer dos xogadores foi quen de superar os atrancos e converter oito varados na tarde.
Explosivo retorno de Diego (de “Carabullos de Teixo”) ós terreos de xogo que foi quen de facer pleno e subir ó segundo caixón do podio, contribuíndo de maneira definitiva ao triunfo do seu equipo na xornada, que de novo remata por diante dos Billardeiros Musicais, aínda que estes últimos continúan ben asentados na cadeira máis alta e cunha cómoda vantaxe.
Así mesmo cabe subliñar os dous benxamines da Conferencia. Lucía Caldeiro segue progresando adecuadamente e o seu irmán, Manuel, finalmente veu recompensado o seu esforzo. Viña xogando moi ben, pero sen sorte e foi en Mondoñedo onde deu un salto cualitativo puntuando en catro das cinco carreiras xogadas. Parabéns a estes rapaces e que o seu exemplo o sigan outros moitos.
Desta volta tivemos destacadas ausencias, ás xa sabidas dos palanadores doutrass conferencias que tamén tiñan xornada, xunguiuse Muriego, que aínda que non xogou, si nos acompañou e votou unha man nas arbitraxes, e tamén o grande Xermán, que se está a recuperar dunha pequena doenza e ó que lle desexamos un pronto retorno ós terreos de xogo.
A xornada discurriu de forma moi dinámica e producironse algúns cambios na clasificación. E tan pequena a diferenza de puntos entre os primeiros da táboa que unha soa carreira fai que os postos bailen para arriba ou para abaixo. Restan tres xornadas que prometen emoción a feixes. Non hai un claro favorito para o campionato absoluto. O que si parece máis despexado é o feminino, Reyes e Geni dominan con diferenza sobre o resto de palanadoras, calquera das dúas pode facerse co título de donas.
Rematouse a xornada co pleno de tres xogadores. Suso Coedo (Billardeiros Musicais), Diego (Carabullo de Teixo) e Martiño (Remourelle Bulls). As tres carreiras regulamentarias deron como campión a Coedo, segundo Diego e Terceiro Martiño.
Recibiron cadansúa tarta como agasallo e os Carabullos de Teixo como gañadores por equipos levaron un botelo para facer honra as datas do Antroido.
E as clasificacións quedan do seguinte xeito:
Individual: Coedo 62 p., Juan e Regueiro 61p., Daniel 60 p.,Charli, Richar e Santi 59 p.
Equipos: Billardeiros Musicais 272 p., Carabullos de Teixo 232 p. e Troitas Bravas 207 p.
Varados: Santi 8, Daniel e Regueiro 6, Charli 4, Artai, Dani Moran, Markytos e Richar 3.
A 9ª xornada esta prevista para o 29 de marzo, pero antes disputarase o ALL STARS 2014.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
