Vista Alegre vivirá este sábado unha festa mariñá do fútbol sala co sempre apaixonante derbi entre o Burela FS Pescados Rubén FS B e Pizzería A Fuga SD Xove FS. O encontro da 21ª xornada de Terceira División dará comezo ás 17.00 horas, con dous equipos fronte a fronte en duelo de contrastes.
A falta de seis xornadas para o remate ligueiro, o cadro laranxa pelexa pola cuarta praza, empatado a 35 puntos coa Estrada FS, que se deberá medir esta fin de semana ao segundo clasificado, Concello de Vigo IES Coruxo. Pola contra, os xovenses encaran o derbi pechando a táboa, con 12 puntos.
“Chegamos moi ilusionados polas opcións de escalada que estamos xerando nas últimas xornadas” aseguraba con optimismo o técnico laranxa, Lucas, non sen advertir da complexidade e falta de previsión dos derbis. “Será un partido duro, xa non só pola motivación que se respira neste tipo de enfrontamentos, senón porque o Xove chega con necesidade de puntos e virá a por todas” adiantaba o adestrador. “Debemos aproveitar o calendario para intentar engancharnos ao podio, a tan só dous puntos; aos nosos rivais aínda lles quedan enfrontamentos directos e nós, pola contra, medirémonos a equipos de abaixo, excepto Pazos, que está na sexta praza” explicaba así o laranxa as posibilidades do seu conxunto.
Lucas non poderá dispoñer de Bruno de Nois, que tivo que retirarse da pista a xornada pasada por unha nova fisura do quinto metatarso. Como boas novas, volven á competición Antón Couto e Manu, recuperados xa da lesión de clavícula e escordadura de xeonllo respectivamente. O técnico laranxa completará a convocatoria coa presenza do xuvenil Renato Lopes.
Na primeira volta, os tres puntos foron para os burelistas 1-3.























O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
