SANTIAGO DE COMPOSTELA, 11 DE MARZO.- O líder dos socialistas galegos –José Ramón Gómez Besteiro-, o secretario provincial –Juan Carlos González Santín- e os Alcaldes socialistas de Galicia e de Lugo participaron este martes na concentración en contra da suba do canon de SOGAMA. Deste xeito, o PSOE rexeitou decididamente este incremento “que recae directamente nos veciños e que a Xunta carga nos Concellos”. Proba delo, é que os orzamentos autonómicos prevén que as entidades locais adapten os seus contratos ao novo modelo antes dun ano e, para evitar as débedas que algunhas acumulan, a administración galega obrígaas a pagar mensualmente ou descontará esas cantidades da parte que lles corresponde do Fondo de Cooperación Local.
É, por este motivo, polo que os socialistas acudiron á concentración, na que lle pediron ao Goberno galego que retroceda na súa decisión e deixe de enganar aos cidadáns porque esta suba débese, única e exclusivamente, á decisión do Goberno Central de suprimir as primas para a xeración de enerxía renovable e á da Xunta de anular o plan do bipartito. É dicir, é unha decisión política a que causa este aumento.
Galicia é unha potencia española en enerxía eólica, sen embargo, a causa da suspensións destas axudas en 2012 e da paralización da normativa autonómica, o sector afronta serios problemas. Lugo é unha das provincias máis prexudicadas, pois o 50% dos megawatios que quedan sen acceder a estas primas pertencen aos parques lugueses. Con esta supresión, só en investimentos directos, en Lugo perderanse 2,1 millóns de euros, en plans industriais asociados outros 2 millóns e, en materia de emprego, tal e como recoñecen os expertos, destruiranse 6.000 postos de traballo.
Como repercute na provincia o canon
Con este “novo imposto”, que entrou en vigor este mesmo mes e que supón un aumento do 34%, os cidadáns da provincia vense obrigados a pagar cada ano preto de 1,7 millóns de euros. Trátase da maior suba da historia que experimenta a xestión do lixo; unha decisión que o Executivo de Feijóo adoptou, por vontade propia, e que supón un incremento de 12 euros por tonelada tratada.


















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



