En abril de 2008, a Consellería do Medio Rural (CMR) no goberno bipartito, sacaba unha liña de axudas destinada ao fomento de produción das razas gandeiras autóctonas en réximes extensivos, en concordancia coas políticas que recomenda a Unión Europea: unha aposta por unha produción de alimentos sans e de calidade.
Deste xeito, a CMR e os titulares das explotacións gandeiras asumían durante cinco anos unha serie de compromisos: os/as gandeiros/as comprometíanse a cumprir medidas que fomentaban as razas autóctonas en base á superficie e, a cambio, a CMR comprometíase ao pago de ata 156 € anuais por animal reprodutor.
O Partido Popular, unha vez que asumiu o goberno galego, dado que non podía eliminar estas axudas, comezou un constante recorte dos importes que reciben os labregos/as (xa na campaña 2011 o retallamento chegou a un 45% sobre a cantidade inicial), pero foi na campaña correspondente ao ano 2012 que, aínda agora se ven de resolver, cando a “machada” do executivo de Núñez Feijoo mostrou a súa peor cara.
Nesta anualidade, sobre o 75% das solicitudes de renovación de compromisos no ano 2012 quedaron fora das axudas, iso si, unha vez que as explotacións afectadas si que cumpriron coas súa obrigas.
Esta non é a primeira machada que recibe o sector de vacún de carne nos últimos anos, os continuos recortes e a posterior non renovación do Contrato de Explotación Sustentable (CES), a paralización do BANTEGAL e a non defensa dos intereses das granxas galegas no próxima reforma da PAC e que vai supoñer menos ingresos dos actuais, sumada ao constante suba dos costos de produción e o conxelamento dos prezos que reciben os/as labregos/as, fan que o descenso da renda das explotacións de carne sexa máis que preocupante.
Nunha primeira xuntanza para tratar este tema o pasado venres en Bacerreá, acordouse que os afectados/as alí presentes ían recurir esta decisión a través dun recurso que a Federación Rural Galega-FRUGA xa está poñendo a disposición de todos/as os/as afectados/as que así o desexen.
Do mesmo xeito, para facer presión, tamén se decidiu organizar unha mobilización o vindeiro martes día 18 ás 12:00 diante da delegación da Xunta de Galiza en Lugo, que é onde se atopan a maior parte dos expedientes comentados e rexeitados anteriormente.
Desde a Federación Rural Galega-FRUGA, continuaremos facendo máis xuntanzas informativas nas principais comarcas afectadas para que esta acción de protesta sirva para facerlle ver ao Sr. Núñez Feijoo, que lle debe un respecto ao sector do vacún de carne, una actividade que emprega a 9.000 familias e que é a principal actividade económica en moitas comarcas galegas.
Do mesmo xeito, tamén agardamos que outros axentes se sumen a esta iniciativa e poder así facer canta máis forza mellor, para así esixir unha corrección por parte da Xunta de Galiza e a aprobación de todas as solicitudes que, cumprindo cos requisitos, poden quedar fora desta axuda.























A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Actuarán Carlos Ares, Celia Becks, Futuro Alcalde e Alcalá Norte, e o sábado será a quenda de La M.O.D.A., Ángel Stanich, Puño Dragón e Repion. López destacou o impacto económico do festival, cun retorno estimado dun millón de euros, mentres que Rouco subliñou a súa importancia turística e a achega municipal de 120.000 €.
O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



