A Mariña, 24 de marzo de 2014. O BNG apoia e asistirá ás mobilizacións previstas para o mércores 26 de marzo en trece comarcas galegas e no caso da Mariña na que dará comezo ás 20:30hrs. no Hospital da Costa. A fronte nacionalista ten claro que existen numerosas razóns para mobilizarse na defensa duns sistema pública de saúde atacada polo perfil ideolóxico do PP que pretende converter un sistema sanitario universal por outro discriminatorio entre quen poida pagala e a beneficencia.
Para o BNG o Partido Popular nos gobernos Galego e Estatal, están aproveitando a crise económica para aplicar sen compaixón o seu ideario político no conxunto dos servizos públicos, con especial énfase no ensino e na sanidade pública, para convertela nun negocio ao servizo de intereses económicos afíns ao propio Partido Popular que buscan novas oportunidades de negocio despois do estalido da burbulla inmobiliaria
Nesta liña executan políticas de degradación constante do sistema sanitario público colocando en situación vantaxosa o sistema privado, convidan á poboación que o poda asumir economicamente a subscribir pólizas sanitarias privadas ou mesmo entregan ao sistema privado servizos que deberan ser públicos e a construción de novos centros sanitarios.
Boa mostra do que está a suceder témola na nosa comarca onde se está a producir a degradación dos sistema público, tanto en centros de primaria como no Hospital da Costa, con profesionais que loitan diariamente por manter a calidade asistencial, mesmo loitando contra a dirección do SERGAS que aplica recortes orzamentarios, materiais e profesionais.
O BNG chama a manifestarse para reclamar con claridade e contundencia o fin destas políticas de demolición do sistema sanitario público, é evidente que o dirixentes comarcais do Partido Popular enganaron á poboación mariñá cun modelo de xestión integrada que lonxe de achegar como prometeron a sanidade ao usuario, afástaa obrigando a desprazamentos por servizos que antes se prestaban na comarca e agora en moitos casos acaban en clínicas privadas fora da comarca. As promesas sobre ampliación da carteira de servizos – servizo de oncoloxía – non se cumpren e a ampliación do Hospital da Costa segue o mesmo guión que as infraestruturas de estradas na comarca, unha luz ao final do camiño que nunca, nunca da chegado.



















Actuarán Carlos Ares, Celia Becks, Futuro Alcalde e Alcalá Norte, e o sábado será a quenda de La M.O.D.A., Ángel Stanich, Puño Dragón e Repion. López destacou o impacto económico do festival, cun retorno estimado dun millón de euros, mentres que Rouco subliñou a súa importancia turística e a achega municipal de 120.000 €.
O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



