Este ano dentro dos actos organizados pola entidade para celebrar o inicio da primavera estiveron a celebración, o día 21 de marzo, do día da árbore. Neste día o persoal de Gaia finalizou o xogo “que árbore é” iniciado a principios de semana. Neste xogo dábanse pistas para adiviñar de que árbore se estaba falando. A gañadora foi Rebeca Rodríguez Rivas que recibiu, como se pode ver na fotografía, un diploma e gozou dunha xornada de convivencia xunto aos seus compañeiros e técnicos da asociación ao tempo que plantaban un limoeiro (a árbore adiviñada).
Para continuar coa celebración, este mércores 26 de marzo, celebrarase na Unidade Residencial en horario de 11-13:30 h a segunda edición da festa de primavera ao estilo flower-power onde acudirá como invitada especial ( 12:00 h) Pilar Armada (Concelleira de Servizos Sociais do Concello de Cervo) .
Esta festa, onde predominará a estética hippie convértese nunha ocasión para xuntar aos usuarios de todos os dispositivos da asociación (C.R.P.L. de Burela e Ribadeo, Piso protexido e Unidade Residencial de Cervo) e traballar valores como o compañeirismo, a amizade,… ademais de aprender a gozar do tempo de lecer cun estupendo baile e posterior comida.
Estas actividades contribúen significativamente a melloría terapéutica e á estabilidade de tódolos nosos usuarios.