Este mércores, apenas uns días despois do inicio da primavera, A Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña celebrou a segunda edición da festa de primavera ó estilo flower-power, onde acudiron como invitadas especiais Dna. Pilar Armada (Concelleira de Servizos Sociais do Excmo. Concello de Cervo), Dna. Yolanda Pedreira (Concelleira de Xuventude do Excmo. Concello de Cervo) e Dna. Dolores (encargada das actividades do Excmo. Concello de Cervo).
Festa na que predominou a estética hippie, e onde un total de 43 usuarios dos distintos dispositivos complementarios de atención ás persoas diagnosticadas de enfermidade mental crónica , bailaron ó son da música dos anos 60, para despois disfrutar todos xuntos dunha comida de fraternidade.
Neste senso, a Presidenta da Asociación , Dna. María Iris Castro Meitín, e a Directora Técnica Xeral de “A Mariña”, María José Nóvoa, agradecen expresamente a colaboración ó Excmo. Concello de Cervo.
Aproveitando a ocasión, e loitando contra o estigma social, a directora destes recursos, María José Nóvoa, quixo facer mención a que as persoas diagnosticadas de enfermidade mental, cun tratamento axeitado e cos apoios necesarios, ou sexa, un tratamento integral, poden recuperar as súas habilidades sociais e reintegrarse plenamente na sociedade.

























A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



