Foz (Lugo), 1 de maio de 2014. O candidato do PSdeG-PSOE ao Parlamento Europeo José Blanco asegurou este xoves que os recortes e as paralizacións de Feijóo e Rajoy son patentes e latentes na Mariña “de recortes sabedes ben aquí, dos recortes na sanidade, donde hai máis de 7 meses de espera para unha resonancia”. Dixo que “aqui en Galicia o barco de Feijoo vaise a pique cada minuto e cada segundo”.
O candidato socialista particpou hoxe en Foz nunha comida con militantes da Mariña luguesa, e previamente partipou na Manifestación en Vigo do 1 de maio.
Por iso lembrou “veño da manifestación de Vigo, donde milleiros de persoas protestaron contra as politicas de recortes de Feijoo e Rajoy”.
E coas cifras economicas na man debullou un panorama desolador en materia de emprego “1,2 millóns de empregos destruídos. Dous millóns de persoas sen prestación por desemprego. Salarios recortados e subida de impostos asfixiante. En resumo, máis paro, máis precariedade, máis desigualdade. Esa é a realidade frente ás promesas”.
A maiores Blanco aludiu aos datos da EPA desta mesma semana “o Partido Socialista non se conforma con ter 300.000 galegos no paro. Nin con que 130.000 mozos tiveran que emigrar nos últimos 5 anos. Non nos contentamos con que en 34.000 fogares non entre un só euro. Nin con que sexamos a CCAA que lidera a destrución de emprego. Nós non nos conformamos con que 145.000 persoas non teñan ningún tipo de cobertura por desemprego.Non, nos resignamos a ver esmorecer o país”, explicou.
O candidato socialista afirmou que agora “non hai lugar nin para a satisfacción nin para a resignación, porque é a hora da reacción”.
Cambio en Europa
Anunciou ademais o compromiso do grupo Sociailista de triplicar os fondos para Emprego Xuvenil, combater o desemprego de longa duración. Igualdade salarial entre mulleres e homes, entre outras prioridades. Pero para que esas alternativas se fagan realidade, “é necesario o cambio en Europa”.
O candidato socialista denunciou que a dereita de Feijoo e Rajoy “quixo aproveitar a crise para cargarse o estado do benestar”. E proseguiu “non é o mesmo o PSOE que o PP. Non se pode dar un cheque en branco a quen está a destruir a igualdade de oportunidades”, replicou.
Asi as cousas Jose Blanco reclamou unha “mobilización masiva contra a austeridade e a favor do crecemento, contra a precariedade e a favor do emprego, contra a inxustiza e a favor da igualdade”.
“Os dereitos sociais -dixo- non se recuperan quedando na casa. O cambio esixe mobilización. Mobilización masiva nas urnas contra a dereita española e europea. Se queremos cambiar Europa, se queremos máis emprego, máis dereitos, máis benestar só hai un camiño: o camiño das urnas”, argumentou.
Por ultimo pediu “darlle un NON masivo a Rajoy e un SI masivo ao Partido Socialista. O único proxecto de esquerdas capaz de devolver ás persoas ao corazón da política”, resumiu.




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



