Cúmprense tres anos desde que a cidadanía ocupara as prazas para esixir que era a hora da cidadanía. No terceiro aniversario do 15-M, Espazo Ecosocialista non pode por menos que celebrar o que significou no seu carácter reivindicativo, simbólico e alternativo. Afirmamos una vez máis:
Que existe un antes e un despois do movemento de indignadxs, que o 15 de maio de 2011 sacou ás prazas e rúas a milleiros de persoas. Movemento que tendo o seu epicentro no Estado Español é fundamentalmente un movemento mediterráneo, con grandes movementos democratizadores no sur de Europa e do norte de África, desde Grecia ata Galicia.
Que estamos diante dun movemento que situou con forza a necesidade de denunciar que a gobernanza global esta en mans dos oligopolios e polo tanto que participamos dunha democracia que ten ‘as cartas marcadas’ e por outra facer fincapé que o cambio vira dado por dinámicas de resistencia e mobilización pacificas hexemónicas que abranguen ‘ao 90% da poboación afectada pola crise sistémica fronte a un 10% beneficiada por ela’.
Que este novísimo movemento social reforza a idea de que sen democracia non hai futuro e que o sistema capitalista na súa etapa neoliberal amosase incompatible coa mesma democracia. Asistimos a unha crise sistémica e polo tanto estamos diante dun proceso de cambios de paradigmas coa dificultade que isto entraña cando o sistema dominante non so ten capacidade homicida (sobre as persoas) senón suicida (sobre o planeta).
Que as forzas da ‘vella política’ non entenderon, e seguen sen entender, a súa mensaxe evidenciado na practica cotiá o porqué da desafección e desconfianza que a cidadanía ten cara as forzas políticas. Rexeitamos as teorías conspirativas que o único que amosan é preguiza intelectual e conservadorismo político. Ao marxe das evolucións ou involucións do movemento, normal nun movemento tan basto e complexo, o 15-M nos convoca a construír unha sociedade máis xusta e democrática, nada máis loable.
Que as forzas políticas en xeral, e a esquerda en particular, debe de acabar de entender o papel necesariamente autónomo que xogan os movementos sociais para que exista o necesario control da cidadanía sobre os seus representantes. A rehabilitación da política pasa por entender que a cidadanía non é un ente amorfo e manipulable senón un corpo vivo con constantes vitais e intelectuais propias.
Que todas estas actitudes e formulacións o único que denotan é unha coincidencia da vella política na comprensión da democracia como un formato instrumental e non como unha cultura. Unha aposta por unha nova forma de democracia orgánica onde a vertebración faise de xeito vertical desde o poder, minusvalorando a unha cidadanía necesariamente submisa ben polo camiño do populismo ben pola vía do clientelismo, desarticulando a autoorganización social autónoma das persoas e convertendo as súas plataformas e colectivos en correas de transmisión do poder.
Que o espírito do 15-M non debe morrer, nin transformarse en non se sabe moi ben que outra cousa. A música e o obxectivo do 15-M debe prevalecer, máis aló das distintas letras ou corporalidades nas que foi e seguira materializándose. Seguramente a mellor definición do 15-M a fai Boaventura Sousa Santos cando afirma que ‘o 15-M é unha presenza’. Iso é o que une a ese 99% simbólico, ese paraugas acolledor, unitario e plural, escola de republicanismo cívico, de acompañamento humano, de elaboración propositiva. As súas corporeidades sociais e políticas que vaian tecendo as alianzas que sexan necesarias e namentres que o 15-M, na superficie ou nas profundidades da sociedade, siga impregnando ese estilo non instrumentalizable.
Que o 15-M é de todas e de todos e non é de ninguén. Que formamos parte dun movemento amplo e plural de loita contra a mundialización neoliberal e a favor da xustiza global. E nese movemento xs ecosocialistas Galegxs recoñecémonos e inserímonos, reivindicándonos, orgullosos e gozosos, fillos e filas do 15-M.
Que o 15-M ademais de expresar a súa indignación sinala o inicio dun novo ciclo político, coincidindo coas municipais do 2011, que debería ter o seu peche nas próximas municipais cunha proposta de cambio de modelo neste complexo proceso constituinte aberto polos de arriba. Corresponde a todos e todas estar a altura dos tempos e tecer as alianzas necesarias, abertas e sen exclusión para gañarlle a partida ao réxime e as súas elites, sen regates curtos nin miradas ventaxistas.
Que por iso animamos á cidadanía a converter a próxima cita electoral do 25 de maio nunha ampla resposta contra a troika polo que significa de gobernanza antidemocrática, apoiando ás forzas da esquerda europea e ao seu candidato Alexis Tsipras.
10+1. Que o futuro non esta escrito e que tal como di Boaventura Sousa Santos ‘parece impensable imaxinar o fin do capitalismo pero máis imposible é imaxinar un capitalismo sen fin’.
En Galicia, a 15 de maio de 2014





















A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



