Foz, 22 de maio de 2014.- O BNG de Foz presentou unha moción para denunciar o atraso na tramitación de novas axudas RISGA e das Axudas de Emerxencia Social por parte da Xunta de Galiza.
O BNG remítese ao último informe do Valedor do Pobo onde afirma que “este ano, como os inmediatamente anteriores, produciuse un aumento nas solicitudes de axudas sociais ante situacións de necesidade, como son as Rendas de Integración Social de Galicia ou as Axudas de Emerxencia Social. Tamén medrou o número de queixas en relación con elas, sobre todo por denegacións que se consideraban inxustificadas ou por atrasos nas resolucións deses procedementos, que pola súa proia natureza deben resolverse con urxencia.”
Isto é unha realidade que afecta tamén ao Concello de Foz onde se pasou de tramitar sobre 10 axudas de emerxencia social hai tres anos a ter sobre 35 e 40 a partir do ano 2012. É dicir que de dous anos a esta parte cuadriplicaronse as persoas en risco de exclusión social e que necesitan estas axudas. Isto é consecuencia das políticas que o PP veu aplicando de destrución de emprego e de recortes nas prestacións e subsidios de desemprego. Agora moitas persoas están rematando o paro ou as axudas familiares. Nesta liña, son varios os concellos e tamén as persoas que denunciaron os atrasos de máis de oito e nove meses e os incumprimentos nas tramitacións da RISGA e da AES -como tamén sucede no caso de Foz-. Isto significa que por sistema a administración neste caso a Consellaría de Benestar e a Xunta de Galiza gobernada polo PP están agravando a situación de moitas familias que non poden soportar tan longa espera e non teñen ningún outro medio para ir tirando. Cómpre lembrar que estamos falando dunha cantidade de 399 euros que en moitos casos é o único ingreso que entra na casa.
Ademais, o BNG quere denunciar que a Xunta está incumprindo o que ela mesmo aproba porque hai que lembrar que a Lei de Inclusión de Galiza recolle no seu artigo 37 o seguinte: “unha vez finalizada a instrución do expediente, o órgano competente de ámbito provincial da Administración autonómica elaborará a correspondente proposta de resolución e ditará a resolución, que deberá ser notificada no prazo de dous meses desde a entrada da solicitude da RISGA en calquera dos rexistros do órgano competente para resolver.”
No recente informe de Cáritas española podemos comprobar como os datos a pobreza ofrecen un panorama desolador, sobre todo na Galiza. O informe sinala que na Galiza a pobreza infantil pasou dun 16,9% en 2007 a un 22,2% en 2012. Asemade, indica que 30.000 fogares non reciben ningún tipo de ingresos, e son xa unhas 465.000 persoas as que viven na Galiza baixo o limiar da pobreza.
Á luz destes datos, e dado que estas axudas para poder facer fronte a situacións de extrema necesidade e pobreza teñen urxencia para as persoas demandantes, consideramos urxente o que se cumpra a Lei de Inclusión social de Galiza e que se poñan en marcha de inmediato de maneira urxente a tramitación das axudas da RISGA, para o que se deben cumprir os prazos que se estabelecen a este respecto.
Por outra banda, este incremento de persoas en exclusión social, consecuencia das erráticas políticas económicas aplicadas durante as crise, converten en papel mollado os progandísticos anuncios da Xunta relativos ao incremento da dotación na RISGA para 2014, de apenas 7 millóns de euros, cando para o pagamento da débeda se consignaron sete veces máis (53 millóns de euros), e demostran a necesidade de achegar máis fondos públicos para as solicitudes se resolveren en prazo e para non incorrer en demoras inxustificábeis.
Por todo isto, o grupo municipal do BNG solicita do Pleno da Corporación municipal a adopción do seguinte ACORDO:
1. Instar á Xunta de Galiza a cumprir coa Lei 10/2013, de 27 de novembro, de Inclusión social de Galiza que, no seu artigo 37, recolle como prazo para a resolución dunha solicitude de RISGA dous meses.
2. Instar á Xunta de Galiza a incrementar a dotación de fondos no programa da RISGA ante o incremento de persoas en situación de exclusión social.



















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



