Santiago, 10 xuño de 2014.- A Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo e Xestur Galicia, ofrece o solo empresarial máis competitivo da Mariña de Lugo e o Occidente de Asturias, con prezos que oscilan entre os 23 e os 57 euros o metro cadrado.
Entre os parques empresariais existentes na Mariña lucense os prezos máis baixos atópanse no de Cervo, onde a Xunta dispón de 20 parcelas a prezos que oscilan entre 23 e 53 euros o metro cadrado.
En Barreiros hai 28 parcelas dispoñibles, con prezos que oscila entre 48 e 55 euros o metro cadrado e en Foz as tres parcelas pendentes de venda van dos 55,23 aos 57,31 euros o metro cadrado.
Nos concellos do interior a Xunta ofrece solo empresarial en Lourenzá (12 parcelas entre 42,72 e 44.65 euros por metro cadrado) e o parque empresarial da Pontenova ten dúas parcelas dispoñibles a 36,51 e 40,67 euros o metro cadrado.
CONCELLO | Nº PARCELAS DISPOÑIBLES | SUPERFICIE TOTAL M2 | PREZOS DE VENDA €/M2 | |
Cervo | 20 | 58.105,41 | 23-53 | |
Barreiros | 28 | 29.772 | 48-55 | |
Foz | 3 | 9.428 | 55,23-57,31 | |
Lourenzá | 12 | 13.382,46 | 42,72-44,65 | |
A Pontenova | 2 | 3.443,63 | 36,51-40,67 | |
TOTAL |
| 114.131,50 |