Foz, 13 de xuño de 2014. O Concello de Foz, a Acia local e a empresa Conoceferias presentaron a segunda edición da feira de mostras multisectorial da Mariña, que se celebrará na explanada portuaria focense a última semana de agosto. Foi presentada polo alcalde, Javier Jorge Castiñeira; o presidente da asociación de comerciantes, industriais e autónomos de Foz, José Carlos Paleo; e o responsable de Conoceferias, Ángel Rojo.
O rexedor municipal focense anunciou que “dende o Concello estamos moi contentos e ilusionados por seguir un ano máis con esta feira multisectorial da man da Acia e de Conoceferias, de Paleo e de Ángel, que son dúas persoas serias e os resultados xa se viron na primeira edición, xa que máis de 15.000 persoas pasaron pola feira o ano pasado. Este queremos seguir na mesma dinámica, seguir apostando para que participen máis expositores locais e con elo conseguir que moita máis xente aínda poida estar con nós en Foz o último fin de semana de agosto”.
Javier Castiñeira engadiu que “será un fin de semana interesante, practicamente de peche do verán, no que tamén se celebrará a Feira do Libro de Foz, que é un evento importantísimo. Creo que entre as dúas se van a interelacionar e polo tanto vai ser positivo para ambas feiras. É un bo momento para seguir promovendo o noso concello nunhas datas nas que aínda haberá moitos turistas en Foz e tamén moita xente do pobo que vai gozar desa feira”.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



