O Consello de Ministros tomou razón das obras iniciadas polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente para a urxente e inmediata reparación do Camiño Natural Ruta do Cantábrico, entre Ribadeo e o cabo Ortegal, tralos danos sufridos a consecuencia das tormentas de vento e mar ocorridas nos dous primeiros meses de 2014 na fachada atlántica e na costa cantábrica.
Principalmente, os danos afectan á estabilidade dos chans sobre os que se asenta o camiño, estado dos firmes e pavimentos. Tamén se produciron roturas e inestabilidade das proteccións e barreiras de seguridade, así como a obstrución de drenaxes. Ademais, o temporal causou danos na sinalización, mobiliario, pasarelas de madeira e proteccións.
As obras, que contan cun orzamento de 600.000 euros, consisten no acondicionamiento de senllas, excavacións, limpezas e roces, e a instalación de proteccións e barreiras de seguridade, entre outras actuacións.
O Camiño Natural Ruta do Cantábrico é unha infraestrutura de gran importancia para o turismo e o desenvolvemento rural na zona da costa cantábrica de Galicia. Por iso, o Goberno considera que os danos deben ser inmediatamente reparados antes de que se inicie a tempada de verán, cando se incrementa o número de usuarios.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



